Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow O Concello de Nigrán inicia a demolición de dous chalés ilegais
O Concello de Nigrán inicia a demolición de dous chalés ilegais PDF Imprimir Correo-e
(16 votos)
 

Escrito por Europa Press, o 16-11-2007

Visitas : 754


Demolición das vivendas en Monte Lourido
Demolición das vivendas en Monte Lourido
O Concello de Nigrán iniciou hoxe a demolición de dous chalés pareados situados nunha ladeira do Monte Lourido, na zona da Ramallosa, en cumprimento dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que se atopan nunha zona afectada pola Lei de Costas. Os dous chalés aparecían legalizados no novo PXOM que pretendía aprobar a anterior corporación.  Ver video TVG

 

Segundo confirmou o concelleiro de Urbanismo de Nigrán, Juan Antonio González (PSOE), os edificios aínda non están terminados e a obra está paralizada fai anos xa que unha veciña denunciou as irregularidades urbanísticas dos chalés. Entre as ilegalidades, atópanse o exceso no número de plantas e na altura e a falta de correspondencia nos volumes de edificación.

As obras destas vivendas, que pertencen á promotora Ferymol, comezaron no ano 1988 e a sección número 2 da Sala do Contencioso Administrativo do TSXG ditou sentenza no ano 1992 ordenando a derriba das mesmas. A partir de aí, a empresa propietaria iniciou un proceso de presentación de recursos que culminou agora coa ratificación da orde de demolición.

De feito, o concelleiro de Urbanismo de Nigrán explicou que o Concello ía executar a sentenza no mes de agosto deste ano pero tivo que pospor a decisión ante un requirimento dun xulgado. Juan Antonio González insistiu en que esta actuación do goberno municipal pretende ser "ejemplarizante" e demostrar que se abriu unha nova etapa no urbanismo de Nigrán". "Non podemos mirar para outro lado", engadiu e reiterou que "hai que cumprir a lei".

ImageAs vivendas,  que tiñan licenza de edificación de aquela, excederon o volume e altura permitida na ordenanza, motivo polo cal un veciño interpuxo unha denuncia fai 18 anos.

Estas vivendas aparecían "legalizadas" nunha recalificación que aparecía no novo PXOM que pretendía aprobar a anterior corporación e que foi paralizado polos veciños o 2 de xuño de 2006. A nova lei impídelle agora á promotora poder construir nestas parcelas.

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

Lume

Escrito por: Pinto (Invitado) o 20-11-2007

Lume

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 20-11-2007

Luuuumeee de caroso

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Xa ia sendo hora!

Escrito por: Xanval (Invitado) o 17-11-2007

Xa ia sendo hora!

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 17-11-2007

Despois de 18 anos, xa ia sendo hora de que o cumprimento da legalidad se fixera realidade. 
Os Concellos deberian actuaren mais de presa. Ou se cumple co'a lei ou non se deixa por un purpiaño mais. Da misma maneira, se a licencia e pra unha obra determinada, a paralización de obre debe ser inmediataHaber se asi acabase co as ilegalidades e o "feismo".

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?