Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

09 07/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Dia Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero
Dia Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 16-11-2007

Visitas : 372


Con motivo da conmemoración do Dia Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero (25 de novembro ), a Concellaría de Benestar Social e Igualdade do Concello de Nigrán a través do Centro de Información ás Mulleres a de xénero desenvolverá varios actos como o Cine-Forum e unha xornada de lextura. O día 15 de novembro.  Cine-Forum: proxección da película “Te doy mis ojos”,  no colexio “Humberto Juanes” día 15 de novembro, as 18:30 horas.

O día 20 de novembro. Cine-Forum: proxección da película “Solas”, no Centro da Terceira Idade en Ramallosa, o día 20 de novembro as 18:00 horas.  

O día 23 de novembro: Xornada de lectura acompañada dunha proxección de audiovisuais no Salón de Plenos do Concello de Nigrán, a partir das 19:30 horas.

Tamén se proxectarán as curtametraxes gañadoras do 1º Concurso de Curtametraxes do Concello de Nigrán “Non a violencia de xénero”. 

As persoas interesadas en realizar unha lectura deberán poñerse en contacto co CIM, ( antiga estación do tranvía ) Estrada pola vía, nº 65, Panxón. Tlf. 986 383081, E-mail: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver

Continúa aberto o prazo para entregar os traballos no 1º Concurso de Curtametraxes do Concello de Nigrán, “Non a violencia de xénero”.   

O obxectivo será a elaboración de curtametraxes en formato DVD rodados con teléfono móvil ou cámara de vídeo. Tamén poderán ser realizados con diaporamas. A duración máxima dos curtos será de 10 minutos.

Nas obras deberase abordar a problemática da violencia de xénero e poderán ser entregadas no CIM, ata o próximo día 17 de novembro. Poden participar todas as persoas a partir dos 15 anos.

 As bases e a ficha de inscripción poderán baixarse da Web: www.nigran.org.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?