Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Salvemos Monteferro lidera con 60 grupos a rede Galiza Non se Vende
Salvemos Monteferro lidera con 60 grupos a rede Galiza Non se Vende PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 17-11-2007

Visitas : 556


Nace a rede ‘Galiza non se vende’ para loitar contra a desfeita salvaxe do país. Fundada por máis de 60 colectivos, critica o “abandono traidor dos partidos que agora mandan, non gobernan”. Loitar contra a destrución sistemática do país e reivindicar o dereito da cidadanía a decidir sobre o seu territorio.

Con este dobre obxectivo nace a Rede Galiza non se Vende, unha plataforma horizontal e independente, integrada por máis de 60 colectivos cidadáns que loitan contra algún tipo de actuación na súa contorna que leva á unha sobreexplotación dos recursos e á destrución do medio e que foi presentada onte en Santiago. Herdeira da Rede Litoral Vivo, nada hai un ano para protestar contra a depredación da costa, Galiza non se Vende amplíase a todos aqueles que sofren algunha agresión en calquera punto da xeografía, deixando fóra a partidos políticos e sindicatos.
"Cando a cidadanía decide saír á rúa baixo pancartas que comezan con SOS..., Salvemos... ou En defensa de... é que algo grave está pasando",

asegurou onte Xosé Reigosa, representante da asociación Salvemos Monteferro , quen sinalou que este movemento é un berro colectivo contra iniciativas coma un Plan acuícola e un proxecto de Portos Deportivos que "privatizan e destrúen a costa", contra un proxecto mineiro que "arrasa zonas como o Courel" ou contra unha proliferación eólica que "destrúe o noso medio". "Rexeitamos unha sobreexplotación dos recursos que, ademais de levar a unha depredación do territorio, non repercute no tecido social galego", defendeu Reigosa. Unha situación que para Tino Quintela, coordinador da FEG, obedece a unha "crise dun modelo de desenvolvemento erróneo" que a cidadanía esixe mudar.

 

"O Goberno non goberna, manda"

Un modelo tamén criticado pola actriz e integrante da Fundación Galicia Verde, Mabel Rivera, quen cre que vai "en contra das necesidades da sociedade". Así, denunciou o "abandono traidor" dos partidos que "agora mandan, non gobernan, contra os postulados que antes defendían ó carón da cidadanía a pé de rúa e detrás dunha pancarta". "Nós seguimos en pé, na rúa, como un exercicio de integridade da cidadanía", engadiu. A pesar de que recoñeceu que o abandono dos cidadáns por parte da clase política "non é nada novo", Mabel Rivera asegurou que a situación nunca foi tan grave como agora porque "quedamos sen sitio na oposición".

Esta falta de diálogo entre poder e cidadáns tamén foi criticada por Alexandre Carrodeguas, voceiro do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, quen denunciou a "desprotección da sociedade ante un poder político despótico no que a cidadanía depositara todas as súas esperanzas de cambio".

Co nacemento desta plataforma sólida, os seus integrantes agardan que os mandatarios muden a postura adoptada ata o momento. "É a primera vez que no novo réxime se produce un movemento tan masivo coma este e queremos recordarlles ós que están no poder os resultados políticos que tiveron estes movementos en anteriores ocasións. Igual que os puxemos, podemos sacalos", manifestou Rivera. De aí, a necesidade de que os políticos escoiten "o que viñan dicindo ata hai pouco". En palabras de Fins Eirexas, de Adega, "queremos respecto pola terra e reivindicamos o papel protagonista dos cidadáns na planificación territorial do país".

 

"Temos desfeitas, non accidentes"

"Se algún día pasa algo non será un accidente". Así o advertiu onte Mabel Rivera, con alusión ás consecuencias negativas que trouxo para Galicia a catástrofe do "Prestige". Así, a actriz recordou que no mes de maio entraron 9 gaseiros na ría de Ferrol sen incidentes pero "o día que pase non será unha desfeita, non un accidente, e ese día terán que responsabilizarse dela". Unha situación que equiparou á deterioración dos ríos, das lagoas ou do litoral. "O que non pon medios para remediar que se produza unha nova catástrofe, é o culpable cando chegue", setenciou.

Información en Terr@ctiva

Representantes dos máis de 60 colectivos que integran a Rede Galiza non se Vende estarán presentes hoxe e mañá en Arzúa, no marco da feira ecolóxica Terr@ctiva a través de tres stands. O obxectivo é proporcionarlle á cidadanía información sobre os diversos problemas que afectan ó noso territorio. "Non actuamos baixo un sentido de egoísmo local, senón coa necesidade de cambiar as nosas relacións co medio, os recursos naturais e outros países", recordou Tino Quintela, da FEG.

Manifestación en febreiro

Como continuación a este presentación, a Rede Galiza non se Vende convoca unha gran manifestación en Santiago de Compostela para o próximo 17 de febreiro en defensa do noso territorio. Ata entón, a plataforma apoiará e participará en todas as accións reivindicativas que leve a cabo calquera colectivo en defensa dos recursos naturais. "A rede segue crecendo e chegará o día en que os políticos teñan que abrir as portas dos despachos e comezar a escoitar o que antes defendían".

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

ALGO NOVO ESTÁ A NACER

Escrito por: anduriña (Rexistrado) o 18-11-2007

ALGO NOVO ESTÁ A NACER

Escrito por: anduriña (Rexistrado ) o 18-11-2007

Xa chegou a hora de pasar das palabras aos feitos. As críticas parece que aos nosos políticos fánlle pouco efecto. Todos xuntos imos darlle a volta a un xeito de facer política que xa tiña que estar morto. Como non morre, ímolo a levar ao cementerio con argumentos, protestas e denuncias e, concienciando a xente que basta xa de estar calados e esperar a ver que pasa. 
Algo novo está a nacer neste país noso e paréceme que vai medrar forte e vizoso.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa