Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Coidar a facenda
Coidar a facenda PDF Imprimir Correo-e
(6 votos)
 

Escrito por Carlos Méixome, o 20-11-2007

Visitas : 653


B.C. Ponte de Mañufe.
B.C. Ponte de Mañufe.
Sempre que iamos de festa acontecía o mesmo. Aló pola media tarde, meu tío-avó  Nilo erguíase e anunciaba a nosa marcha. As mulleres da casa na que estabamos convidados comezaban  a súa rutineira oferta de cuartos e camas que era contundentemente rexeitada cun definitivo “temos que coidar a facenda”. Unha vez máis alá se ían as miñas ilusións de compartir unhas horas máis cos da miña idade.

Cando meu tío-avó Nilo dicía facenda referíase ao gando numeroso e diverso pero tamén a todo o que na vida labrega necesitaba do diario coidado. Cando fun un pouco máis grande chocábame que meu tío-avó empregase o mesmo termo co que os estados se refiren ao seu patrimonio ou os ricos “facendeiros”, intuídos nos filmes ou entre as paxinas dunha novela, ás súas abundantes propiedades. 

Así que a facenda á que se refire a cabezalla deste artigo vai na acepción do meu tío-avó. Era el ben coidadoso dela.

Non o somos tanto cando se trata da facenda común. É o noso un pobo, como é ben sabido, pouco coidadoso co seu. Sexa patrimonio natural, construído ou inmaterial. Calquera pequena ou grande manifestación deles pode desaparecer devorado polas ansias de enriquecemento, polo desinterese dos que só miran para o seu embigo, da modernidade dos papaleisóns,... ou do que quen lea estas liñas poida engadir. 

Neste asunto no Val Miñor imos por diante do conxunto do país. Ás veces un sente vergonza, mesmo persoal, por non ser quen de impedir ou de mudar algunhas pequenas barbaridades. ¡Que dicir das grandes! Pasoume ese outro día cando me acheguei, unha vez máis, a contemplar a ponte que salva o Miñor entre os barrios da Texosa e Moreira. Forma parte, oculta, dun conxunto estragado, pera aínda recuperable, que ten dun lado da estrada que une a Ramallosa e Gondomar, anacos de interese do Camiño Real e do outro, o Cruceiro de Mañufe, certamente alterado pero que conserva un alto valor simbólico e que sobrevive á permanente ameaza do tráfico. Pasa por riba da ponte o Camiño Real cuberto de piche que leva ao adro da Igrexa de Mañufe e ao pazo de don Policarpo de Mendoza, coñecido hoxe como Pazo da Escola.

A ponte, catalogada por Patrimonio, está cuberta por unha estrutura de formigón, colocada nos primeiros anos setenta do pasado século que impide a percepción da súa fermosa traza, serve tamén de amarre para toda caste de tubos e cables, mentres soporta o paso diario de vehículos.

Tres arcos de medio punto, un medio tupido, apoiados sobre pilastras con machóns e forma de tallamares nos dous centrais. De características románicas, os estudosos deducen dunha inscrición a data de 1140. En todo caso, e sen negar que a obra medieval poida ser unha reconstrucción ou mellora dunha ponte anterior, trátase dunha das pontes máis antigas do Val, case un século anterior á da Ramallosa. E alí a tedes cuberta de formigón, furada de ferros, inzada de silvas e soportando estoica o paso dos anos, o peso dos camións e o desleixo dos que non saben coidar a facenda.

A comezos de outubro un animaliño subido a un coche guindou os peitorís da ponte tardomedieval de Sabarís sobre o río Guillade. As magníficas pontes da estrada que dende a Pasaxe de Vincios leva a Gondomar, ou dende os Arcos, tamén en Vincios, chega ata Morgadáns camiño de Couso, erguidas durante os anos da Ditadura de Primo de Rivera, están hoxe cubertas de lixo e en total abandono. Poderíamos seguir... Só a recuperación da ponte das Ánimas, en Gondomar, nos deu unha alegría. 

Un bota de menos unha acción social seria e constante en defensa do patrimonio construído que empurre aos que teñen que facelo a tomar decisións para a súa conservación e posta en valor. Neste labor todos e todas somos necesarios.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

identidade

Escrito por: santiago (Invitado) o 27-11-2007

identidade

Escrito por: santiago (Invitado ) o 27-11-2007

Moito se rin de nos os que non son destas terras...¡cando afirmamos ser fillos da Terra Nai! 
¿A nosa identidade non na fai ter dende pequenos os ollos cheos destas belezas armoniosas cos penedos e os regatos? 
¿Onde iremos a comprar un anaco de identidade?...¿en que shopping e con que plástico a venderán?

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ai a facenda!!!

Escrito por: Xanval (Invitado) o 21-11-2007

Ai a facenda!!!

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 21-11-2007

Quen pensa que a facenda é todo aquelo que nos axuda no noso paso po-la vida, esta vida pois penso que non habera outra? ninguen, ou alomenos uns poucos. Pra maioria a facenda é a propiedade máis achegada, aquilo que compon o que chama seu patrimonio. E iso aténdeo a cachón. E o resto?. Ai!! Iso e pra "usar e tirar". A eles non lle compre coidalos. Qu'os coiden os demais!. E asi anda o pandeiro. Porque aqueles que teñen o encargo de coidar esa facenda o fan dunha maneira arbitraria e irreponsabel, por iso estan moitas cousas estragadas e cheas de "feismos". Asi, dese xeito, vaille quedar a facenda a'os vindeiros.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?