Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 09/08
Portada arrow Opinión arrow O PSOE considera lesivo o convenio da gardería en Gondomar
O PSOE considera lesivo o convenio da gardería en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 20-11-2007

Visitas : 482


ImageAlfonso de Lis, portavoz dos socialistas de Gondomar, manifestou que o seu grupo municipal abstívose na última sesión plenaria á aprobación do funcionamento da gardería municipal, porque considera que "o convenio con Vicepresidencia era lesivo para os intereses dos cidadáns de Gondomar".

Por outra banda os populares pediron onte ao alcalde "que se deixe de victimismos e demostre que é capaz de gobernar". Manifesta que «culpar de todo a oposición é ou camiño máis doado, pero a xente non lle serve de nada porque vos problemas non soluciónanse, e a gardería segue pechada e sen data de apertura».

Silva asegura que  que o seu grupo votou en contra de integrar o centro na rede de galescolas porque cre que non era vantaxoso para o Concello, entre outras cousas porque lle custaría ao concello case 150.000 euros anuais.

Abstención dos socilistas.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista e Gondomar, asegura que  “non se opuxo a instauración dunha Galescola ”, xa que se abstiveron en base a que consideran que o citado convenio era lesivo para os intereses dos gondomareños ao descoñecerse en que termos contractuais quedaba o concello nte a Vicepresidencia da Xunta.

Segundo De Lis, o convenio facía mención as cláusulas establecidas no ANEXO ADXUNTO, e que este, en ningún momento foi entregado para súa valoración xurídica aos socialistas. Así mesmo, tampouco salientábase o gasto orzamentario que supuña para o concello.

Os socialistas consideran un agravente que o consorcio encargado de xestionar a Galescola ten representación do 51%, a contratación directa do persoal do centro, a elección das prazas entre outras xestións," deixando aínda mais esprotexida a xestión do noso concello en mas dos citado consorcio."

De Lis considera que o convenio da Galescola do concello de Gondomar merece un trato especial por parte da Vicepresidencia da Xunta, ao cederlle o concello o terreo e gardería xa construída e lista para funcionar. Cree que "non podemos perder nin ceder patrimonio municipal libremente, senón todo o contrario, que sexa a Xunta, na que en todo caso inverta en Gondomar en beneficio de tódolos gondomareños”.

Por outra banda, De Lis adianta “que está disposto non solo falar da Galescola para Gondomar, unha vez que se clarifique en que termos contractuais será asinado o convenio, senón tamén a acompañar o goberno na xestión necesaria para que o noso concello saia do estancamento no que se atopa; pero lémbralle que para elo, é necesario contra co dialogo e consenso necesario de tódolos grupos políticos, salvo que polo contrario crea el solo en minoría, sexa capaz de facelo sen por en risco os intereses de Gondomar”.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Loucura miñorana

Escrito por: baionaconsciente (Rexistrado) o 20-11-2007

Loucura miñorana

Escrito por: baionaconsciente (Rexistrado ) o 20-11-2007

O señor De Lis debería falar un pouco máis cos seus compañeiros de partido para saber en que consiste o Consorcio da Xunta. De todos os xeitos non precisa xustificar a súa votación, nos Plenos de Gondomar sabemos como serán as votacións, polo menos ata que haxa pacto. 
 
Temos que pedir cordura ás tres forzas políticas e que finalmente se acade un pacto estable. Se o problema son as persoas, que cedan o seu posto a aqueles que teñan capacidade de negociación e acordo. O señor Silva non pode reclamar "capacidade de gobernar" cando, sendo a lista máis votada, non é quen de conformar goberno alternativo. 
 
A sensación que se está a dar é que en Gondomar non hai alternativa a un goberno do PP.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >