| Escrito por Faro de Vigo,
o 21-11-2007
|
Visitas : 626 |
 As Rías Baixas poderían converterse nun prazo non moi afastado na quinta reserva da biosfera de Galicia e a primeira que comprende unha zona costeira. A Xunta ten sobre a mesa un informe sobre a viabilidade desta proposta, que incluiría o Parque Nacional Illas Atlánticas como núcleo de especial protección, e exponse iniciar o proceso "a medio prazo".
Fontes da Consellería de Medio Ambiente aseguran que a declaración, que debe solicitarse á Unesco, sería o "colofón" a unha política desenvolvida polo Goberno galego durante os últimos dous anos de face á sustentabilidade dunha zona sobreexplotada e saturada urbanisticamente como é a Ría de Vigo. En concreto refírense a medidas como o plan de saneamento e a lei de ordenación do territorio. O próximo Congreso Mundial de Reservas da Biosfera, que se celebra por primeira vez en territorio español e elixiu Madrid para albergar a súa sede en febreiro de 2008, podería ser o escenario elixido pola Xunta para dar a coñecer o seu plan. Continúa no Faro de Vigo
|
|
|
 |
|
|
|
|
|