| Escrito por Redaccion,
o 22-11-2007
|
Visitas : 618 |
A Deputación Provincial de Pontevedra acordou onte na Xunta de Goberno aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso e o expediente de contratación por procedemento aberto, mediante trámite de urxencia, das obras de conexión de abastecemento do Parque Empresarial Terciario Porto do Molle de Nigrán, cun orzamento de licitación de 112.018 euros.
Dáse ó expediente de contratación trámite de urxencia, toda vez que a obra de conexión de abastecemento ó devandito Parque Empresarial coincide coa zona na que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo a obra de ampliación e dotación de servizos na E. P. de acceso a Ceán (Nigrán). Por isto, faise necesario proceder á súa execución con anterioridade o establecemento do firme e mais a correspondente rodadura. A obra do parque será financiada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo. O seu aporte xerará crédito na partida 07/511.511-662.02 do vixente Orzamento Provincial. O anuncio do concurso e do extracto do prego das condicións económico-administrativas que rexerá o concurso publicarase no Boletín Oficial da provincia.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|