Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

07 09/08
Portada arrow Especiais arrow Esteiro da Foz arrow A deputación inviste 112.000 euros nas obras de abastecemento en Porto do Molle
A deputación inviste 112.000 euros nas obras de abastecemento en Porto do Molle PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 22-11-2007

Visitas : 385


ImageA Deputación Provincial de Pontevedra acordou onte na Xunta de Goberno aprobar o gasto, o prego de condicións económico-administrativas que rexerá o concurso e o expediente de contratación por procedemento aberto, mediante trámite de urxencia, das obras de conexión de abastecemento do Parque Empresarial Terciario Porto do Molle de Nigrán, cun orzamento de licitación de 112.018 euros.

Dáse ó expediente de contratación trámite de urxencia, toda vez que a obra de conexión de abastecemento ó devandito Parque Empresarial coincide coa zona na que a Deputación de Pontevedra está a levar a cabo a obra de ampliación e dotación de servizos na E. P. de acceso a Ceán (Nigrán). Por isto, faise necesario proceder á súa execución con anterioridade o establecemento do firme e mais a correspondente rodadura.

A obra do parque será financiada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo. O seu aporte xerará crédito na partida 07/511.511-662.02 do vixente Orzamento Provincial.

O anuncio do concurso e do extracto do prego das condicións económico-administrativas que rexerá o concurso publicarase no Boletín Oficial da provincia.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa