Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 08/08
Portada arrow Canais arrow Trebellos arrow II Serán en Viladesuso (Oia) organizado polo grupo Fiada.
II Serán en Viladesuso (Oia) organizado polo grupo Fiada. PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 23-11-2007

Visitas : 414


Mañan sábado terá lugar na parroquia de Viladesuso (concello de Oia) un serán organizado polo grupo “A Fiada” da citada parroquia. Este II Serán comezará ás 21:00 e nel actuarán unha boa chea de grupos do Baixo Miño e o Val Miñor, ademais dalgúns grupos de Pazos de Borbén e de Vigo

 Entre os grupos convidados están A Boalleira, Percamiños, Petóns e Xamaraina da Guarda; Airiños do Tamuxe, Tralo Mosteiro e o grupo organizador A Fiada de Oia; o grupo da Asociación Veciñal de Fornelos e Ir e Vir do Rosal; As cascarillas e Os Garabullos de Baiona; Agarimos, A Merced, e Os Terribles de Donas de Gondomar; Os Amigos e a Escola de Danza de Pazos de Borbén; as Pandereteiras Trécolas de Vigo, e algún grupo mais de Vigo e Tui.

Ademais de música popular haberá chourizos, viño, refrescos e roscón para degustar e animala festa. Así pois, convidamos e animamos a todos aqueles que gusten da boa música tradicional galega a pasarse por Viladesuso e participar da festa.

A organización colocará unha carpa cubrindo o terreiro da festa.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Enquisa