| II Serán en Viladesuso (Oia) organizado polo grupo Fiada. |
|
|
|
| Escrito por Redaccion | |
| Venres, 23 de Novembro do 2007 | |
|
Mañan sábado terá lugar na parroquia de Viladesuso (concello de Oia) un serán organizado polo grupo “A Fiada” da citada parroquia. Este II Serán comezará ás 21:00 e nel actuarán unha boa chea de grupos do Baixo Miño e o Val Miñor, ademais dalgúns grupos de Pazos de Borbén e de Vigo
Entre os grupos convidados están A Boalleira, Percamiños, Petóns e Xamaraina da Guarda; Airiños do Tamuxe, Tralo Mosteiro e o grupo organizador A Fiada de Oia; o grupo da Asociación Veciñal de Fornelos e Ir e Vir do Rosal; As cascarillas e Os Garabullos de Baiona; Agarimos, A Merced, e Os Terribles de Donas de Gondomar; Os Amigos e a Escola de Danza de Pazos de Borbén; as Pandereteiras Trécolas de Vigo, e algún grupo mais de Vigo e Tui. Ademais de música popular haberá chourizos, viño, refrescos e roscón para degustar e animala festa. Así pois, convidamos e animamos a todos aqueles que gusten da boa música tradicional galega a pasarse por Viladesuso e participar da festa. A organización colocará unha carpa cubrindo o terreiro da festa. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
|
|