Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow Cando chove pensamos en Sabarís
Cando chove pensamos en Sabarís PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org, o 25-11-2007

Visitas : 678


ImageLogo de estirar o bo tempo o suficiente como para amañar o desastre de Xullo, por fin chegan a choiva a Baiona. Moitos estaban agardando por ela. Todos aqueles que teñen algo sembrado na súa leira, porque o frío pode estragar a colleitas e os pozos empezaban a baixar de volume. Pero nunca chove a gusto de todos e iso é o que pasa en Sabarís. O 2007 foi un ano desastroso, a bonanza do tempo permitiu levar a cabo múltiples obras apra tentar evitar novamente o desastre. A pesar do que podan pensar moitos veciños, fíxose moito e invertíranse moitos cartos na parroquia. A pena de todo isto é que cando todo o pobo tiña que estar unido para levar adiante as solucións necesarias, entrou a clase política e contaminou todo. Dentro desta “clase política” tamén incluimos a aqueles veciños que aplauden o que fai o seu partido e insultan e desprezan o que fan os demais. Cada un fixo o que estivo nas súas mans, se se demostrase que alguén estivo facendo menos por un mal resultado electoral ou por restar méritos a administracións non afíns, entonces sería cando os veciños se terían que levantar para esixir o seu cese. Pero todos sabemos que si o delito é en casa propia, calamos a boca.

É normal que veciños como Dolores Lenda non durmisen estes días. O recordo é recente e o Camiño Chivo é o peor lugar da parroquia, xa que a rasante do camiño é superior ás das casas. Chegado a este punto teríamos que reflexionar como puido ser que se construisen casas coa rasante por baixo do camiño. Semella que a culpa a tería quen concedeu as licencias e non comprobou a irregularidade, mais tampouco podemos exculpar aos propietarios. ¿Ou é que todo o mundo sabe agora que isto é un problema pero cando se estivo obrando eramos todos uns ignorantiños de Deus? Pode que todo isto nos sirva de lección para saber que si unha norma está será por algo e se non podemos cumplila ou non queremos, estamos exentos de toda queixa, e que aquel que nos permitiu a irregularidade tampouco está exento de culpa.

O único que agardamos é que pasemos a alerta deste Sábado sen problemas e todos arrimemos o ombro. Precísase que as obras que está a realizar Política Territorial se rematen, que se sigan recollendo as inquietudes dos veciños e se negocie entre Administracións para levar a bo fin todas as actuacións e que TODOS os políticos arrimen o ombro e traballen en conxunto. Cada disputa política tentando arañar votos será un paso atrás para o ben de Sabarís.

 

Máis info en baionaconsciente.blogaliza.org 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?