| Escrito por Redaccion,
o 26-11-2007
|
Visitas : 847 |
 Xose Lois Vilar explica o valor do patrimonio rupestre aos participantes. O pasado sábado 24 de novembro, a asociación xuvenil e cultural “O Costado” convidou ao presidente de SOS a Serra da Groba, Xosé Lois Vilar, a guiar unha visita polos petróglifos de Campo Lameiro declarados monumentos histórico-artísticos por decreto en 1974.
Os veciños e veciñas que se apuntaron á saída seguiron a Xosé Lois Vilar polos petróglifos de Chan da Lagoa, Pedra das Ferraduras, Laxe dos Cebros e demais xacementos que conforman a capital da arte rupestre (www.campolameiro.com ) Os membros de SOS Groba que acompañaron o seu presidente aproveitaron para visitar as obras do centro de interpretación e documentación de preto de 5.000 metros cadrados, un espazo que contará con salas de proxección, exposicións, biblioteca, fondos e cafetería. 
|
|
|
|