Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

21 08/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow O parque empresarial de Porto do Molle estará dispoñible no 2009
O parque empresarial de Porto do Molle estará dispoñible no 2009 PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 26-11-2007

Visitas : 565


Recreación dixital do parque empresarial
Recreación dixital do parque empresarial
Segundo publica Zona Franca na súa web, o Parque Empresarial Porto do Molle, en Nigrán, estará operativo no ano 2009 se se cumpren os prazos previstos polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, entidade promotora do polígono. Actualmente están en execución as obras de explanación de terras e drenaxe. Cando o Concello de Nigrán conceda a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, o Consorcio convocará o correspondente concurso de obras, que se prevé que duren un ano.

A oferta pública para a venda de parcelas está prevista que sexa convocada na primavera de 2008 para que as empresas poidan empezar canto antes a tramitación dos seus proxectos e a súa construción. Ata o momento 353 empresas mostraron o seu interese na adquisición de chan. Esta posible demanda inicial de superficie é de 1.602.600 metros cadrados, cifras que triplican a oferta do polígono, de 586.825 metros cadrados netos. Hai que sinalar que moitas das empresas que mostran o seu interese por instalarse nun polígono non sempre acaban concorrendo ao concurso de venda polo que non se pode afirmar que toda a demanda vólvase a producir cando sexa efectivo o momento de compra.

Os sectores que máis demandaron información para instalarse no Parque de Nigrán son comercio por xunto e por menor cun 25 por cento, transportes, 13 por cento, fabricación de produtos metálicos e material de transporte co 11 por cento, e industria da construción de maquinaria e equipo mecánico que representa o 10 por cento. O resto das empresas que mostraron o seu interese desenvolven a súa actividade no ámbito das tecnoloxías da información, 9 por cento, construción co 8 por cento, venda, mantemento e reparación de vehículos a motor con outro 8 por cento, restauración con 4 por cento e outras actividades empresariais 10 por cento..

Situado a quince quilómetros de Vigo e do aeroporto de Peinador, a 27 da fronteira con Portugal, a cen de Santiago e a 140 do Porto e nunha das mellores zonas turísticas das Rías Baixas, este futuro parque empresarial nace cunha clara vocación para albergar industria de usos terciarios e de lecer.

Estas inmellorables condicións de localización e o feito de ser a única área que nestes momentos dispón das autorizacións precisas para que se implante un centro comercial dentro de Vigo e o seu ámbito de influencia, provocou que sete de grandes firmas estean estudando seriamente as súas ofertas para este emprazamento.

Tres grandes zonas

A superficie é de máis dun millón de metros cadrados, dos que algo máis da metade (586.825) destinaranse a parcelas de uso industrial, comercial e terciario.

O polígono deséñase cunha ampla avenida paralela ao río Muíños que o estrutura en tres grandes áreas. A primeira delas, no extremo oeste xunto ao enlace coa autoestrada, destinarase a área comercial e social. A continuación xorde a zona empresarial que ocupa máis do 20 por cento da superficie do ámbito. Fronte a ela, separada pola avenida e lindante coa ampla zona verde do río, situarase un área de servizos múltiples que dará cabida a edificacións illadas de baixa ocupación destinada a tecnoloxías da información e a servizos de apoio. Na marxe contraria ao río estará situada unha parcela de máis de vinte mil metros cadrados para uso deportivo e xunto a ela, un área de máis de 50.000 metros cadrados dará cabida a actividades de lecer. No extremo Leste, definirase unha zona de case douscentos mil metros cadrados na que se instalarán pequenas empresas, espazos ofimáticos, actividades hostaleiras e comerciais.

 

IMAXES

Image 

 Image

 

A Zona 1, na parte central, configúrase como o elemento máis representativo do parque, esténdese sobre unha superficie de 358.186 metros cadrados netosy se subdivide en tres bloques. Nesta zona sitúase a área industrial, a que presenta maior superficie (253.979 metros cadrados), para uso industrial, de almacenaxe e servizos públicos, cuxa ocupación máxima será do 70 prol cento con edificios de ata doce metros de alto.

A subzona de uso comercial e social (de 50.925 metros cadrados), tamén na Zona 1, está vinculada ao enlace á autoestrada, AG-57, de Vigo a Baiona Terá unha ocupación máxima do 50 por cento con edificios de ata 10,5 metros de alto.

A terceira subzona, de servizos múltiples e lecer (de 53.282 metros cadrados), completa a área central do parque. Terá unha ocupación máxima do 30 por cento e edificios de ata catorce metros de alto.

Ao sur do parque, na outra marxe do río Muíños, esténdese a Zona 2, dedicada a servizos e lecer recreativo. Conta cunha superficie de 54.970 metros cadrados que serán ocupados a un 40% con edificacións de baixa densidade (ata 14 metros de alto) cuxos deseños e uso han de preservar a calidade ambiental do ámbito.

A Zona 3 sitúase entre a área industrial e o río ao longo de 173.669 metros cadrados. Estará destinada a oficinas, pequena industria, servizos a empresas, hoteis e equipamento de lecer..

O resto da superficie estará copada por dotacións /unha rede viaria e de aparcadoiros, zonas verdes de máis de douscentos mil metros cadrados, unha delas formando un parque natural en torno ao río Muíños) e infraestruturas (redes de auga, gas electricidade, telecomunicacións e fibra óptica e depuradora propia.).

As especiais características do municipio de Nigrán, costeiro e de marcada carácter residencial, a localización do ámbito a urbanizar e as súas características ambientais determinaron que o Consorcio da Zona Franca e o Concello de Nigrán deseñasen un parque no que tivesen cabida un amplo abanico de usos, desde o empresarial ao de lecer, pasando por comerciais, hostaleiros, asistenciais…. O parque de Porto do Molle deseñouse a partir do enlace coa autoestrada do Val Miñor, no seu ramal de entrada a Nigrán. Para este acceso construirase unha glorieta que axilizará os tráficos de entrada e saída co que se garantirá a independencia dos vehículos que discorran pola zona costeira.

 

 Ver presentación




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

...

Escrito por: o meu (Invitado) o 03-12-2007

...

Escrito por: o meu (Invitado ) o 03-12-2007

oian, vostedes saben que ese tal poligono enfrentase a una totalidade de caseque 6 seis seis contenciosos administativos por conter un monton de irregularidades, e supoñome eu que habrá distintas opinions entre todolos avogados que os levan, e se despois de ter a parcela comprada, ou as catro platas da nave feitas e listas e sale o xurado a favor dos que denuncian e o mellor hai que lle sacar esa finca ou esa planta pra levar o rio por exemplo o sitio de donde o moveron do centro do poligono para aproveitaren mais parcelas solo pro beneficio destes que estan faendo esta obra sen animo de lucro en Nigran, a nosa terriña ou outras cousas que poden suceder, vaia ti saber de que humor esta ese dia o xuiz.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >