| Escrito por Faro de Vigo,
o 26-11-2007
|
Visitas : 647 |
 Xustiza. Esta palabra foi a protagonista onte en Baiona. Máis de medio milleiro de persoas concentráronse nesta localidade pontevedresa para esixir que o presunto autor da morte da moza de Baredo Águeda González sexa castigado coa "pena máxima" e que esta sexa cumprida de "forma íntegra". Ver video TVG
Foi unha marcha silenciosa e emotiva que estivo encabezada polos familiares da moza e que se celebrou só un día antes de que dea comezo na Audiencia Provincial de Pontevedra o xuízo contra Francisco Javier Reyes Barreiro, o suposto asasino, quen se enfronta a unha condena de vinte anos de cárcere. Continúa no Faro de Vigo
|
|
|
|