Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada
Visto bó ao proxecto de urbanización de Porto do Molle pese ao risco de inundacións PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 27-11-2007

Visitas : 723


ImageO risco de inundacións na contorna e a invasión dunha zona verde por parte do polígono industrial de Porto do Molle non serviron para frear a aprobación definitiva do seu proxecto de urbanización. O alcalde, Efrén Juanes, asinará por decreto nos próximos días devandita aprobación, logo de abordar onte o asunto na comisión de goberno.

O visto e prace do rexedor aos traballos de construción de rúas e instalación de servizos básicos dependerá da creación dunha senda peonil e un dique nas ribeiras do río Muíños por parte do Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Continúa no Faro de Vigo 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

Decreto

Escrito por: Mario (Invitado) o 12-12-2007

Decreto

Escrito por: Mario (Invitado ) o 12-12-2007

Ollo que o anterior alcalde non aprobou por decreto porque non lle deu tempo e non tiña todos os papeles. Porque esa era a intención, despois de aprobar por decreto a aprobación inicial do plan de urbanización. Algo do que agora o xoven candidato popular fártase suliñar nos seus comunicados na prensa.  
 
Miñorense os nacionalistas non dixeron non á aprobación. Abstiveronse de votar e firmar, ousexa de pronunciarse pero se tiveran algo de coherencia tiñan que porlle as cosas claras ao Juanes e compañía, por ir en contra dos principios que eles defenden ou defendían. Que para iso son parte du goberno. A min, non me están gustando nin uns nin outros. O PSOE porque parece que ainda non aterrizou, salvando excepcións como o concejal de medio ambiente, o Hermida. E o BNG porque consinte que os seus socios fagan cousas contrarias aos seu posicionamentos políticos que tiñan na cando eran oposición, e polo cuales representan aos seus votantes. Neste caso, de nada serve dicir que non. Iso tamén o decían os veciños antes do PXOM pero tiveron que sair a rúa para poder facer valer ese NON dun xeito rotundo.  
Eu espero que a noticia de hoxe sobor da aprobación da Axenda21 permita encauzar dunha vez a situación neste maltreito concello de Nigrán. Paraiso dos vividores políticos. E espero que o euqipo de goberno teña os bemoles suficientes para afrontar os grandes retos do concello e vaia depurando responsabilidades en todo isto, que estou seguro de que as hai. Urbanismo, situación económica, persoal, etc... Agardamos saber como é posible que o concello non teña cartos nengún. Eu agardo todos os días na prensa a leer unha noticia que explique esta situación. 
 
Saludos 
Mario

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

que está a suceder?

Escrito por: miñorense (Invitado) o 30-11-2007

que está a suceder?

Escrito por: miñorense (Invitado ) o 30-11-2007

resulta que o anterior alcalde pensaba aprobar por decreto o mesmo sen as puntuais modificacións e a oposición socialista recrimináballo. Agora é o goberno socialista (coa diverxencia do seu concellal de medioambiente e a oposición dos nacionalistas) que o aproba por decreto: O DECRETAZO. ¿Por qué tanta presa en aprobalo por decreto? O polígono do Molle é unha auténtica pista asfaltada. ¿Onde está ese verde e ese tan repetido polo agora alcalde AXENDA 21? ¿Onde está ese respeto o medioambiente? Puiden visionar o boceto de como quedaría e as zonas verdes brillan pola súa ausencia. Non comparto esas presas do Alcalde e tampouco a forma (DECRETO) na que o fai. Dixo este alcalde que gobernaría para todos e con todos, e o DECRETO non é a mellor forma. ¿Por qué non o leva a Pleno? ¿Por qué non o somete a debate? aprobalo por decreto sempre hai tempo. Tempo ao tempo, pero creo que non é a mellor forma de comezar a gobernar. Un saúdo.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >