| Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia,
o 28-11-2007
|
Visitas : 410 |
 A.M. O Concello de Nigrán comezou onte a derriba da que ata fai uns días foi a sede da escola municipal de cerámica. Trátase da primeira obra pública ilegal que obriga a unha administración local a rectificar na comarca do Val Miñor. Unha brigada de operarios de Vías e Obras encargouse de executar a orde de demolición e os traballos concluirán hoxe mércores.
Os operarios desmontaron primeiro o tellado, as portas e as fiestras, para proceder despois á derriba das paredes do inmoble cunha pa e a retirada de todos os cascallos. Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
|