Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 10/08
Portada arrow Axenda arrow A cámara de Vigo premia ao comercio en nadal
A cámara de Vigo premia ao comercio en nadal PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 28-11-2007

Visitas : 563


Lanza o primeiro Concurso de Escaparates, que recoñecerá a capacidade creativa dos establecementos participantes.
O comercio merécese un premio. Por iso, a Cámara anuncia a convocatoria do seu primeiro Concurso de Escaparates, un certame dirixido a todos os establecementos comerciais comerciantes polo miúdo dos municipios que forman a súa demarcación territorial.  O xurado deste concurso concederá catro galardóns de 350 euros cada un ás empresas participantes que obteñan maior puntuación nos seguintes apartados: presentación de produtos, creatividade e deseño, dificultade técnica, iluminación e imaxe comercial.

Eses catro premios repartiranse entre as catro zonas nas que se divide a demarcación da Cámara de Vigo: un para os comercios do municipio de Vigo, outro para os do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán), un terceiro para os comercios dos municipios de Mondariz, Mondariz-Balneario e Ponteareas, e un cuarto para os de Salvaterra e As Neves. Ademais, os establecementos galardoados recibirán un diploma oficial en recoñecemento ao seu mérito.

O xurado

O xurado estará composto por cinco membros designados pola Comisión de Comercio Interior da Cámara de Vigo, entre comerciantes e especialistas, e o seu fallo será inapelable. Para participar, os interesados deben inscribirse antes do 14 de decembro ás 14:00 h. na sede central da Cámara ou nalgunha das súas oficinas territoriais de Gondomar, Salvaterra e Mondariz Balneario.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa