
Cartaz do evento
O venres 30 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar terá lugar a conferencia anual Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar. O hispanista Henry Kamen será quen pronuncie a conferencia nesta terceira edición da mesma. O profesor KAMEN será presentado polo Catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Sección de Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega, Pegerto Saavedra.
A comunicación do profesor Kamen versará sobre “O CONDE DE GONDOMAR E A AMIZADE BRITÁNICO-ESPAÑOLA DURANTE A ÉPOCA MODERNA”.
Henry Arthur Francis Kamen (Rangún, Birmania, 1936), doutorado en Oxford, impartiu docencia en distintas universidades de España, Gran Bretaña e Estados Unidos. Membro da Royal Historical Society de Londres. É profesor de investigación no Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Barcelona. Na actualidade é un dos máis destacados hispanistas ingleses e un dos mellores coñecedores do período do Imperio Español.
Participou no debate (con figuras como Trevor Roper, Immanuel Wallerstein, etc.) sobre a consideración da “crise do século XVII” como un período de crise xeral. Posteriormente centrou o seu interese en la Historia de España, sen abandonar as sínteses xerais. Entre as súas obras figuran:
- El siglo de Hierro (1972),
- La España de Carlos II (1981),
- Felipe II de España (1997),
- Cambio cultural en la sociedad del Siglo de Oro. Cataluña y Castilla, siglos XVI-XVII (1998)
- La Inquisición española: una revisión histórica (1999),
- Early Modern European Society (2000),
- Imperio: la forja de España como potencia mundial (2003)
- El gran duque de Alba (2004)
- Del Imperio a la Decadencia. Los mitos que forjaron la España moderna (2006)
- Los desheredados (2007)

Henry Kamen
Pódese topar máis información sobre o profesor Kamen en:
http://www.campusred.net/campusdiario/20030324/entrev.htm
http://www.elpais.com/todo-sobre/persona/Kamen/Henry/2114/
http://www.elmundo.es/encuentros/invitados/2001/08/189/
Esta importante actividade, coordinada polo profesor Manuel Caldas Fernández, é posible grazas a colaboración do Consello da Cultura Galega e do Concello de Gondomar.