Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow O historiador hispanista Henry Kamen participará na conferencia anual Conde de Gondomar.
O historiador hispanista Henry Kamen participará na conferencia anual Conde de Gondomar. PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 28-11-2007

Visitas : 870


Cartaz do evento
Cartaz do evento
O venres 30 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal “Lois Tobío” de Gondomar terá lugar a conferencia anual Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.  O hispanista Henry Kamen será quen pronuncie a conferencia nesta terceira edición da mesma. O profesor KAMEN  será presentado polo Catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Sección de Patrimonio Histórico do Consello da Cultura Galega, Pegerto Saavedra. 

A comunicación do profesor Kamen versará sobre “O CONDE DE GONDOMAR E A AMIZADE BRITÁNICO-ESPAÑOLA DURANTE A ÉPOCA MODERNA”.

Henry Arthur Francis Kamen (Rangún, Birmania, 1936), doutorado en Oxford, impartiu docencia en distintas universidades de España, Gran Bretaña e Estados Unidos. Membro da Royal Historical Society de Londres. É profesor de investigación no Consejo Superior de Investigaciones Científicas en Barcelona. Na actualidade é un dos máis destacados hispanistas ingleses e un dos mellores coñecedores do período do Imperio Español.

Participou no debate (con figuras como Trevor Roper, Immanuel Wallerstein, etc.) sobre a consideración da “crise do século XVII” como un período de crise xeral. Posteriormente centrou o seu interese en la Historia de España, sen abandonar as sínteses xerais. Entre as súas obras figuran:

  • El siglo de Hierro (1972),
  • La España de Carlos II (1981),
  • Felipe II de España (1997),
  • Cambio cultural en la sociedad del Siglo de Oro. Cataluña y Castilla, siglos XVI-XVII (1998)
  • La Inquisición española: una revisión histórica (1999),
  • Early Modern European Society (2000),
  • Imperio: la forja de España como potencia mundial (2003)
  • El gran duque de Alba (2004)
  • Del Imperio a la Decadencia. Los mitos que forjaron la España moderna (2006)
  • Los desheredados (2007)

      

Henry Kamen
Henry Kamen
Pódese topar máis información sobre o profesor Kamen en:

http://www.campusred.net/campusdiario/20030324/entrev.htm

http://www.elpais.com/todo-sobre/persona/Kamen/Henry/2114/

http://www.elmundo.es/encuentros/invitados/2001/08/189/ 

Esta importante actividade, coordinada polo profesor Manuel Caldas Fernández, é posible grazas a colaboración do Consello da Cultura Galega e do Concello de Gondomar.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?