Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 09/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow Turismo de Baiona asiste á Feira de Intur en Valladolid
Turismo de Baiona asiste á Feira de Intur en Valladolid PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 30-11-2007

Visitas : 514


ImageO Organismo Autónomo Local turismo de Baiona coordinado polo Concelleiro de Turismo, Anxo Rodal, estivo presente durante os días 22 ó 25 de novembro, na undécima edición da Feira de Turismo de Interior (Intur), celebrada en Valladolid. De novo nesta edición, se contou coa presencia de tódalas comunidades autónomas españolas e se aumentou considerablemente a oferta internacional, destacando Portugal que ampliou a súa presencia con respecto á edición anterior. Intur se inaugurou con máis de 1300 expositores, nacionais e internacionais e pechou as súas portas con case 44.000 visitantes.

Turismo de Baiona distribuíu o seu material promocional: planos, guías de servicios, rutas de interese, o folleto de imaxe Tesouro Atlántico e os diferentes folletos facilitados polos empresarios de Baiona. Os visitantes que se achegaron ó noso stand, se interesaron pola nosa historia, gastronomía,..é dicir por tódolos atractivos que a nosa Vila ofrece.

Ademais de se interesar polo noso municipio, o público asistente puido participar no sorteo dunha estancia de fin de semana no Hotel Baía de Baiona, resultando a persoa agraciada, Silvia Martínez Colodrón, natural de Valladolid, quen recibiu o premio con gran satisfacción. O persoal da Concellería deu a degustar a tódolos asistentes, os prostres típicos da Festa da Arribada: Tortas de Sarmiento e Ñoclos de Pinzón, elaborados por Panadería O Bastón e Rosquillas Cristaleiro respectivamente.

O Concelleiro de Turismo confía en que o esforzo realizado ó participar nesta feira, contribúa a ampliala temporada turística, máis alá dos meses de verán.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

...

Escrito por: mairie (Invitado) o 03-12-2007

...

Escrito por: mairie (Invitado ) o 03-12-2007

hola sonia..

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?