| Escrito por Redaccion,
o 30-11-2007
|
Visitas : 995 |
Contar unha historia. Escoitar unha historia. Velaquí dúas maneiras de gozar a través da palabra. A narración oral é sempre un acto no que se mesturan pracer e xenerosidade. Por iso, e para que xorda a emoción Dona MARÍA IGLESIAS a Concelleira de Cultura e Xuventude invítavos a un Mar de verbas contada que terá lugar o día 15 de decembro ás 22h no auditorio de Capitanía Marítima, a maxia do conto encherá o espacio para soñar con mundos irreais a través das verbas de artistas como Cándido Pazó e Quico Cadaval.
|
|
|
|