| Escrito por Redaccion,
o 28-11-2007
|
Visitas : 1188 |
 O pasado martes á tardiña, SOS A Serra da Groba estivo na Galería Sargadelos de Vigo convidada pola Fundación Enclave, unha fundación de interese galega sen ánimo de lucro que tenta ser un foro aberto, de pensamento, debate e formación, onde contribuír ao desenvolvemento pleno das potencialidades do país mediante o artellamento da sociedade civil e a súa participación plural e democrática.
Declarada Fundación de Interese Galego por Orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo no ano 2001, esta Fundación interesouse polo traballo que está a levar a cabo a asociación pola defensa medioambiental da Serra da Groba. Logo de expoñer as principais características do parque Albariño I e de informar das xestións e actividades realizadas polos membros de SOS Groba dende a súa creación o pasado mes de agosto, a charla completouse cunha recollida de sinaturas e cun debate en torno ao potencial eólico da nosa comunidade e á xestión deste tipo de enerxía eólica que está a levar a administración.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|