Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow O congreso dos deputados apoia a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués
O congreso dos deputados apoia a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 12-12-2007

Visitas : 250


ImageO Congreso dos Deputados do Parlamento Español deu hoxe por unanimidade o apoio á presentación da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego Portugués “As tradicións Orais”, no ano 2008 para que sexa inscrito este patrimonio na Lista Indicativa que a Unesco fará pública en setembro de 2009.

A proposta de resolución, aprobada por unanimidade, insta ao Goberno Español e a Xunta de Galicia a inscribir na futura Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade as Tradicións Orais Galego Portuguesas. Ademais, o texto da resolución fai unha referencia explícita ao amplo movemento social galego-portugués que apoia esta Candidatura e especialmente ao labor de Ponte...nas Ondas! como asociación impulsora e promotora.

Con esta resolución, o Congreso dos Deputados apoia así a reivindicación protagonizada polos xoves dos centros educativos o pasado 27 de novembro e as cadeas humanas realizadas por máis de 2000 mozos e mozas sobre as pontes internacionais do rio Miño.

Desde Ponte...nas Ondas! entenden que esta resolución abre as portas á presentación da Candidatura en 2008 e asume a recomendación remitida pola propia Unesco aos Estados, español e portugués, onde se pedía que se voltase a presentar esta Candidatura.

Ponte...nas Ondas! fai de novo un chamamento a todas as asociacións, colectivos, entidades e institucións galegas e portuguesas, para que lle dean visíbilidade novamente ao apoio a esta Candidatura, mediante o compromiso de ser entidades promotoras, empregando o logotipo da Candidatura e enviando o documento da adhesión a través da Web: www.opatrimonio.org




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa