Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 09/10
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Presentación da Axenda 21 Local en Nigrán
Presentación da Axenda 21 Local en Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(7 votos)
Escrito por Redaccion   
Mércores, 12 de Decembro do 2007
ImageA concellería de medioambiente de Nigrán presentará o próximo venres 14 de decembro ás 20:00 horas no colexio de Panxón a Axenda 21 Local e os pasos que se van a seguir para a súa elaboración. Será un acto público aberto a todos os veciños e veciñas de Nigrán que queiran asistir. Un dos primeiros acordos que acadou o Pleno da Corporación Municipal foi a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) mediante un consello sectorial dentro da implantación da Axenda 21 Local. A súa función é a de acadar un xeito de desenvolvemento sostible para o futuro do concello de Nigrán.

A Axenda 21 Local permite, contando coa participación cidadá, acadar os criterios de sostibilidade que van permitir un axeitado e razonable progreso no eido medioambiental, económico e social.

Segundo comenta Juan Hermida "O PXOM é algo máis que un documento de regulación urbanística e as súas implicacións abranguen tamén o ámbito social, económico e medioambiental. Por esta razón a Corporación Municipal en xeral e o Grupo de Goberno en particular quere desenvolver este documento tendo en conta que ten que producirse un adecuado progreso no que o medioambiente non resulte degradado innecesariamente, no que sexa posible o progreso económico e no que a calidade de vida dos veciños e veciñas de Nigrán sea mellor."




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?