Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Presentación da Axenda 21 Local en Nigrán
Presentación da Axenda 21 Local en Nigrán PDF Imprimir Correo-e
(7 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 12-12-2007

Visitas : 663


ImageA concellería de medioambiente de Nigrán presentará o próximo venres 14 de decembro ás 20:00 horas no colexio de Panxón a Axenda 21 Local e os pasos que se van a seguir para a súa elaboración. Será un acto público aberto a todos os veciños e veciñas de Nigrán que queiran asistir. Un dos primeiros acordos que acadou o Pleno da Corporación Municipal foi a elaboración do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) mediante un consello sectorial dentro da implantación da Axenda 21 Local. A súa función é a de acadar un xeito de desenvolvemento sostible para o futuro do concello de Nigrán.

A Axenda 21 Local permite, contando coa participación cidadá, acadar os criterios de sostibilidade que van permitir un axeitado e razonable progreso no eido medioambiental, económico e social.

Segundo comenta Juan Hermida "O PXOM é algo máis que un documento de regulación urbanística e as súas implicacións abranguen tamén o ámbito social, económico e medioambiental. Por esta razón a Corporación Municipal en xeral e o Grupo de Goberno en particular quere desenvolver este documento tendo en conta que ten que producirse un adecuado progreso no que o medioambiente non resulte degradado innecesariamente, no que sexa posible o progreso económico e no que a calidade de vida dos veciños e veciñas de Nigrán sea mellor."




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 7 de 7 Comentarios

Pepiño por dios non te vaias

Escrito por: Pilar (Invitado) o 17-12-2007

Pepiño por dios non te vaias

Escrito por: Pilar (Invitado ) o 17-12-2007

Pepiño de Nigrán, iso que contas, quen cho contou? quen che dixo semellante cousa? Porque quen cho dixo, mal te quere meu rei. E se é cousa túa, enganarnos pretendes. Se a Axenda21 fora iniciativa do BNG non pensas que polo menos debería haber asistido ao acto?. Por que non foron? alí eu puiden mirar xente de partidos da comarcar Baiona e Gondomar. Como é o conto? ti pensas que se isto fose inciativa do BNG non debería estar David nesa mesa? homiño de deus, ... isto non é obra nin do psoe e menos do bng, isto é obra dunha soa persoa, o concellal de medio ambiente...o que pasa que o resto pretendedes subiros ao carro...Quen redactou a moción plenaria para solicitar a creación dos consello sectorial ao abrigo da Axenda21? A quen pretendes enganar homiño de deus?

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

BNG

Escrito por: pepe de nigán (Invitado) o 15-12-2007

BNG

Escrito por: pepe de nigán (Invitado ) o 15-12-2007

Nótase o cogoberno co BNG, a Axenda 21 é máis unha iniciativa de David Giráldez por moito que os socialistas tenten levar o mérito. Que non vos engañen

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

...

Escrito por: veciño de Nigrán (Invitado) o 14-12-2007

...

Escrito por: veciño de Nigrán (Invitado ) o 14-12-2007

como eiqui cada un pode dar a sua opinion, dos catro comentarios que lin hasta o de agora me quedo co primeiro parrafo do 1º onde dí deberiamos estar tranquilos pero non me fiaria moito debido os antecedentes sobre a resolucion de como se resolveu o proxecto de urbanización do porto de molle. E por ultimo quedarme cunha parte do 4º onde dí agora teremos os cidadans nas nosas mans esto por parte do concello está ben, pero ollo que como non fagan as cousas ben podase formar outra rebolta coma a que aconteceu co anterior intento de aprobalo plan xeral, e ademais como agora xa estamos entrenados,o mellor para todos nos seria que verdaderamente o fixeran ben, e para eso en alguns casos ahi que ter o que ahi que ter.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

boas novas

Escrito por: Mario (Invitado) o 13-12-2007

boas novas

Escrito por: Mario (Invitado ) o 13-12-2007

A verdade é que ainda non o creo. Un concello da costa, das rías Baixas, con grandes pelotazos de especulación urbanística, vai levar aditante a Axenda 21 para elaborar o PXOM. A verdade é que o Hermida nótase que ten a cabeza ben amoblada. Mágoa que non haxa máis xente así no concello.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Xa veremos

Escrito por: anduriña (Rexistrado) o 12-12-2007

Xa veremos

Escrito por: anduriña (Rexistrado ) o 12-12-2007

Con decisións como ista poderíamos estar tranquilos ou, alomenos, ledos.Mais, cos antecedentes da resolución da urbanización de Porto do Molle. eu non me fiaría moito. As palabras son só palabrs se logo non se transforman en feitos. 
De tódolos xeitos, noraboa a Juan Hermida polo que lle toca, e que non se repita a historia.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Esperanza

Escrito por: pentamaster (Invitado) o 12-12-2007

Esperanza

Escrito por: pentamaster (Invitado ) o 12-12-2007

É positivo e prudente esta forma de actuar, mais lamentablemente non imos ver un PXOM en Nigrán até dentro de tres ou catro anos. O custe neses anos vai ser catastrófico para as inversións e desenrolo de Nigrán.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Boa Nova

Escrito por: Rufo (Invitado) o 12-12-2007

Boa Nova

Escrito por: Rufo (Invitado ) o 12-12-2007

Isto vai marcar un antes e un despois na participación en Nigrán e no Val Miñor. Agora teremos os cidadáns nas nosas mans o facer unha política para todos/as. 
Felicidades. Alí estarei

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 7 de 7 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa