Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Nace o clube de lectura "Lendo contigo"
Nace o clube de lectura "Lendo contigo" PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 14-12-2007

Visitas : 610


ImageA Asociación de Nais e Pais As Pontes celebrará este próximo sábado, 15 de decembro, a primeira sesión dunha nova actividade de dinamización lectora: o club de lectura compartida "Lendo contigo", dirixido a nais e pais e a nenos e nenas de 8 a 11 anos. Cada mes propoñeremos un libro para que o lean tanto os nenos que se apunten como o pai ou a nai, de xeito que poidan compartir impresións sobre a lectura e logo reunirse na biblioteca cos demais participantes para charlar sobre o libro.

O título proposto para esta primeira sesión, na que contaremos coa presenza do autor, é Un tren cargado de misterios, de Agustín Fernández Paz. Logo dunha primeira reunión de presentación celebrada hai un mes, están apuntados 23 nenos e nenas acompañados dun adulto. A sesión de charla-coloquio co autor terá lugar o sábado, 15 de decembro, ás 12 da mañá na Biblioteca Municipal de Gondomar. 

O Club de Lectura Compartida Lendo contigo nace como unha proposta complementaria do programa de contacontos Contomar que a ANPA As Pontes celebra semanalmente desde hai case dous anos na Biblioteca Municipal de Gondomar e pretende darlle continuidade ao labor de dinamización lectora que desenvolvemos. Se co Contomar pretendiamos fomentar entre os máis pequenos o achegamento aos contos e o uso da biblioteca pública, con esta nova proposta queremos crear un novo espazo que lles permita aos nenos manter esa vinculación coa biblioteca e fomentar a lectura crítica e a capacidade para reflexionar sobre o que se leu. 

E para botar a andar esta nova actividade teremos o privilexio de contar coa presenza de Agustín Fernández Paz, un dos autores máis importantes da literatura infantil e xuvenil galega, merecedor de premios tan sinalados como o Merlín (1989), o Premio Lazarillo (1990), o Premio Rañolas (1995), o Raíña Lupa (1998), o Edebé de literatura xuvenil (1994), Edebé de Literatura Infantil (2005) ou o Barco de Vapor (2003). A súa obra narrativa para o público infantil e xuvenil inclúe títutlos como Contos por palabras, As flores radiactivas, A escola dos piratas, A noite dos animais, O raio veloz, Cos pés no aire ou Cartas de inverno. O libro proposto para esta primeira sesión do club de lectura compartida, Un tren cargado de misterios, é unha obra tremendamente suxerente na que unha nena vai ir conseguindo, a través dun xogo de adiviñas, as claves que lle abrirán as portas da fantasía e lle darán ás ao seu desexo de viaxar e coñecer o mundo.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

MOITA VIDA e SAÚDE para o CLUBE

Escrito por: anduriña (Rexistrado) o 17-12-2007

MOITA VIDA e SAÚDE para o CLUBE

Escrito por: anduriña (Rexistrado ) o 17-12-2007

Noraboa polo proxecto. Iniciativas coma ista fan ter esperanza no futuro dun pobo. A xente que lee, ten moitas máis vidas das que poida ter un gato. E, por suposto, mellores. 
Parabens.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Verde TV

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa