Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 09/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Mirando con envidia para os veciños
Mirando con envidia para os veciños PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org, o 14-12-2007

Visitas : 516


ImageQue un Concello limítrofe con nós aposte pola Axenda 21 como método para o desenrolo urbanístico non pode máis que darnos a esperanza de que Baiona secunde a proposta. No noso concello optouse por un Consello Sectorial de Urbanismo, mais non por unha proposta urbanística sostible, polo menos ata o de agora. No avance do Plan Xeral falábase de campos de golf, entre outro tipo de ofertas turísticas. Dentro dunha Axenda 21 dificilmente encaixarían este tipo de iniciativas. A Axenda 21 é un programa desenrolado no seo da O.N.U. que pretende instaurar o desenrolo sostible como modo de actuar en diferentes eidos da vida. Contémplase a integración do medio ambiente no desenrolo demográfico e dos paises en desenrolo. En definitiva, consiste en romper coa vella relación que determinaba que para que a nosa sociedade evolucionase teriamos que sacrificar parte da nosa riqueza natural. Desa vella tara parte a frase popular: “se é polo progreso…”.

Agora temos que mudalo chip e saber que adaptarnos ao medio é a nosa salvación e que non pode ser non pode ser. Acabouse canalizar os ríos para construir, edificar sen contar con rede de saneamento ou abastecemento de auga ou aceptar proxectos faraónicos sen contar cun estudo de impacto medio ambiental independente e razoable.

Pero non podemos esquecer que a Axenda 21, como todo o que plantexa a O.N.U. somentes é un manifesto de intencións e aqueles que a adoptan como súa non son máis que pioneiros. Nigrán adopta esta fórmula no 2007, cando a Axenda 21 manifesta a intención de que no 96, a maioría das autoridades locais deberían levar a cabo un proceso de consulta popular e ter acadado un consenso sobre un “Programa 21 local”. ¿Proceso de consulta? ¿1.996? Utopías ata o de agora. Sabede todos que, como dín demagoxicamente outros nas súas frases de campaña, outra sociedade é posible, somentes precisamos de dirixentes que se crean o que dín. E en Nigrán parece que xa atoparon xente deste tipo. ¿Para cando en Baiona? Envexa de momento é o que temos. A Comisión Sectorial de Urbanismo debería optar por seguir o camiño de Nigrán, ás veces copiar iniciativas irmáns é unha boa opción.

Mais en baionaconsciente.blogaliza.org 

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa