Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow As parroquias na Axenda21
As parroquias na Axenda21 PDF Imprimir Correo-e
(5 votos)
 

Escrito por Xosé Manuel García Crego, o 17-12-2007

Visitas : 759


ImagePresentouse o día 14 de decembro no colexio de Panxón a denominada Axenda 21, que vai ser algo así como unha plataforma de xestión para o coñecemento socioeconómico do concello, cunha repercusión directa na elaboración do PXOM de Nigrán. Presentaron o acto e interviron desde a mesa o concelleiro de Medio Ambiente e Participación Cidadá, Juan Hermida; o alcalde Efrén Juanes; o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, Emilio Fernández; e un técnico da empresa contratada para desenvolver a Axenda 21 neste concello.

Os representantes do goberno municipal e o propio director xeral fixeron un canto á participación popular, e non era para menos, dada a gran concorrencia de veciños e veciñas, demostrativa da enorme curiosidade e preocupación que concita o tema.

Que a veciñanza de Nigrán ten un gran interese pola intervención social sabiámolo con anterioridade, dada a participación nas asembleas e nas concentracións e manifestación realizadas en 2006 contra o Plan Xeral, como tamén nas Xornadas de Urbanismo que varios colectivos organizaron en marzo de 2007.

E sobre a capacidade do señor alcalde e do goberno municipal para escoitar o que os colectivos veciñais teñen que dicir versaron boa parte das intervencións realizadas no coloquio. A situación de Porto do Molle e a decisión do alcalde de asinar o decreto de aprobación do proxecto de urbanización do polígono concitan desde hai tempo a unanimidade veciñal na denuncia dun gravísimo problema que no concello de Nigrán se está creando, como resultado da nefasta iniciativa de gobernos municipais anteriores, pero que contaron co apoio, neste caso, do PSOE. O propio director xeral presente na mesa afirmou que "seguramente hoxe este polígono non se levantaría."

Unha vez máis, o goberno municipal recibiu o aviso popular. Pero, ollo!, que ninguén interprete esta crítica como facerlle o xogo ás dereitas; ca!, as dereitas poderán aproveitarse da situación sempre que o goberno municipal non reaccione e modifique a súa política timorata e débil ante os gobernos amigos na Zona Franca ou na Xunta de Galicia.

Pero con todo houbo outra intervención que non debería pasar desapercibida. Nande, presidente da Asociación de Veciños "Outeiro" de Parada, ademais de expresar o seu sentir sobre o comportamento lamentable da maioría municipal no caso de Porto do Molle, preguntou se na Axenda 21 se ía ter en conta ás parroquias.

O técnico da empresa contratada deu unha resposta absolutamente desafortunada. Dixo que do que se trataba era de traballar todos arredor dun único Nigrán, ou algo así.

Calquera persoa que viva en Nigrán, como en calquera concello de Galicia ou do norte de Portugal, sabe que a parroquia é o núcleo tradicional de asentamento da poboación; algo que moitos sabemos desde sempre, pero que os políticos non queren ver nin asumir. A parroquia, como ocorre na outra banda do río Miño, debería estar plenamente recoñecida administrativamente e debería contar cos seus propios organismos de representación e de participación política; pero os nosos políticos, sexan da dereita ou do centro-esquerda, que é onde chega o espectro ideolóxico hexemónico, non queren saber nada de tal cousa, aínda que a propia lei o permita.

Que é Nigrán se non as parroquias? Nigrán non existe, existen as parroquias, perfectamente delimitadas, e con formas de vida ben diferentes, cos seus sistemas asociativos propios.

Que a Axenda 21 e o PXOM deben contemplar a existencia diferencial da parroquia é algo tan natural e tan elemental que un non comprende como pode un técnico galego darlle as costas ou pechar os ollos a esta realidade. Talvez entendeu mal a cuestión que presentaba Nande, ou quizais non recibiu nas aulas aquelas nocións elementais que os nosos devanceiros levan décadas reclamando sexan postas en práctica. Cómpre un coñecemento auténtico das cousas e non deixarse levar pola rutina.

E isto vale para o técnico da empresa encargada de desenvolver a Axenda 21 en Nigrán, para todos os técnicos e todas as persoas que en Galicia exercen unha función política, e para todos nós.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 4 de 4 Comentarios

O dilema das parroquias

Escrito por: Aldara (Invitado) o 21-12-2007

O dilema das parroquias

Escrito por: Aldara (Invitado ) o 21-12-2007

Quizais entrar a debatir en primeiro lugar o sentido da pregunta de Nande sexa unha loucura (por darlle voltas a algo susceptible de interpretacións varias), pero alá vou. Eu entendín (e coido que o técnico tamén o entendeu así) que o que se preguntaba era se a dinámica de traballo (reunións, debates, consideracións...) da Axenda 21 íase realizar por parroquias (Nande non o dixo con esas palabras, pero coido que iso era o que preguntaba). O técnico respostou que non, que Nigrán era un municipio e polo tanto tratábase de traballar conxuntamente, de forma global, sendo polo tanto todas as reunións nun só lugar do Concello.  
 
En segundo lugar, sobre o debate da pertinencia de considerar as parroquias á hora de realizar a Axenda 21, coido que ninguén dubida da importancia da parroquia na configuración territorial do país, pero pretender telas en conta indivualizadamente neste caso non me parece axeitado. Os esforzos humanos e económicos que implicaría realizar reunións en cada unha das parroquias, que poden chegar a ser contraditorias entre si, non compensan e non serían efectivos. Suponse que o obxectivo da Axenda 21 é elaborar un marco socioeconómico e medio ambiental que permita avaliar as necesidades do municipio de cara a elaborar o PXOM. E ditas necesidades débense predicar do Concello en conxunto, non de unidades singulares do mesmo, como son as parroquias.  
 
Con todo, imaxino que a Axenda 21 terá en conta as parroquias, pero a outro nivel (é dicir, non realizando reunións por parroquias). Supoño que analizará a situación do municipio en conxunto, pero que tamén incluirá unha análise por parroquia (ou polo menos así o fixo unha Axenda 21 dun Concello galego que tiven a oportunidade de estudar mentres se estaba a elaborar).  
 
Na miña opinión, está claro que a análise por parroquias é necesaria para coñecer os déficits de cada unha delas, así como o que poden ofrecer. Non embargantes, hai necesidades que se deben considerar imprescindibles para todo o municipio. No caso da Axenda 21, a necesidade de protexer un concreto espazo natural, por exemplo, é algo que deben decidir todas as veciñas e veciños do municipio, non só os da parroquia na que se ubique ese espazo.  
 
Tanta efusividade parroquial, dende o punto de vista da elaboración de documentos que incidan no territorio (como unha Axenda 21, un PXOM, un plan comarcal ou supramunicipal...) mete un pouco de medo, porque parece levar a un individualismo desaforado, que non ten en conta ao veciño ou veciño por se atopar nunha parroquia distinta. Obviamente os/as habitantes dunha parroquia son os que mellor van a poder opinar sobre os seus problemas e vantaxes, pero de aí a adoptar as súas propias decisións sen ter en conta á parroquia do lado, asusta. Se eu fose de Camos, coido que podería opinar perfectamente sobre as necesidades de Panxón, por exemplo, por coñecelas en profundidade ao pasar moito tempo nesa parroquia. ¿Tería que ir as reunións de todas as parroquias para opinar sobre todas, ou non me estaría permitido por ser residente noutra? As dúas cousas son auténticas tolerías. 
 
De todos os xeitos, aínda que a participación cidadá directa sexa só municipal, supoño que nada impedirá que os veciños e as veciñas se reúnan nas asociacións das súas parroquias, pola súa conta (é dicir, fóra do programa marcado polos redactores da Axenda 21) para debatir os temas que vaian xurdindo sobre aquela. 
 
En conclusión, na miña opinión todo ten a súa escala. Hai necesidades (de infraestruturas, industriais, de comunicación, residenciais...) que se deben pensar a nivel nacional, outras a nivel comarcal, local ou parroquial. Porén, coido que hai que pensar quen vai ser o usuario ou usuaria do que se vaia facer, para así atopar o nivel no que hai que actuar. E en moitas ocasións (especialmente no Val Miñor) pénsanse en clave local iniciativas que deberían ser da bisbarra en conxunto (e non o digo pola Axenda 21).

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ecosistema e Biotopo

Escrito por: Homo sapiens miñorensis (Invitado) o 19-12-2007

Ecosistema e Biotopo

Escrito por: Homo sapiens miñorensis (Invitado ) o 19-12-2007

En ecoloxía, esa ciencia que pretende dar explicación de algo tan complicado como é o funcionamento global dos sistemas vivos, defínese o biotopo como o espacio no que habita unha especie. Ese biotopo resume a variedade de condicións ambientais para que unha determinada especie poida desenvolverse de xeito óptimo. Sen embargo, o ecosistema, definido como un sistema dinámico, ven definido polo conxunto de especies e condicións fisicas que o conforman. 
¿A qué ben todo isto? 
 
Veredes os humanos somo unha especie máis deste planeta, e como tal para nós é moi importante o noso biotopo, aquel espacio no que nos desevolvemos de xeito óptimo, ainda que pertencemos a un ecosistema que nos relaciona coas demáis poboacións de seres vivos (outros humanos tamén, por suposto) e demáis condicións ambientais dese ecosistema. 
 
As parroquias naceron como unha consecuencia dun xeito de vivir e aproveitar o recurso territorial ó noso alcance. As escasas necesidades de movilidade debido á proximidade dos recursos, fixo que o biotopo quedase circunscrito espacialmente ó noso entorno máis próximo, creando as parroquias. Co paso do tempo, o esgotamento dos recursos no entorno máis próximo e os cambios de estilo de vida, fixeron necesario incrementar o espacio no que nos desenvolvemos. As parroquias son a herencia dun estilo de vida anacrónico e residual. ¿quere dicir isto que carecen de importancia? NON, nin moito menos, como tampouco carecen de importancia as nosas costelas flotantes, ou o apéndice intestinal, estructuras prescindibles que herdamos do noso pasado evolutivo, pero que contribúen a explicar a nosa orixe co que iso signnifica. 
 
A Axenda 21 local como unha estratexia de reflexión colectiva e como unha vía de concretar unha estratexia para o desenvolvemento sostible, non se pode focalizar só nas parroquias, en modo algún, pero tampouco só a nivel municipal. 
 
E pensaredes ¿por qué vos falei do ecosistema?, pois porque no noso desenvolvemento non podemos esquecernos dos demáis seres do noso entorno (humanos e non humanos) nin do resto de condicións ambientais, que a fin de contas constitúen un todo no que estamos inmersos e non podemos esquecer. 
 
Hai polo tanto varias dimensións nas que traballar, a nivel individual, doméstico, comunitario, parroquial, municipal, etc, etc. A clave está en acadar unha estratexia global de desenvolvemento sostible porque ó fin e ó cabo é a Biosfera a que estamos degradando.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Debate interesante

Escrito por: Pinto (Invitado) o 17-12-2007

Debate interesante

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 17-12-2007

É un debate interesante iste dos modelos de territorio. Parroquias, comarcas, ...cando tenedemos a unha globalización e a unión territorial, xorden dúbidas na desmantelación das entidades como son as parroquias, que antigamente cumprían a función de trasladar a información dende o concello dado o problema de infraestructuras e comunicación propio da época. Hoxe ten sentido iste tipo de de agrupación territorial? 
Sería interesante abrir este debate nos foros.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Interpretación

Escrito por: Mario (Invitado) o 17-12-2007

Interpretación

Escrito por: Mario (Invitado ) o 17-12-2007

Eu estiven na presentación e lembro esa intervención do presidente da AVV de Parada. Pero eu entendínlle outra cousa distinta. Eu entendinlle a Nande que preguntaba "se isto da Axenda21, se ían facer as axendas nas parroquias" que é en distinto de si a axenda21 vai a ter en conta ás parroquias. Eu coido que a pregunta de Nande non estivo ben clara co cal a contestación evidentemente non puido ser acertada. Pero segundo escoitei a axenda21 ten en conta as particularidades de poboación, idade, estudos, nivel adquisitivo, servizos,... se entra a ese nivel de detalle non pode ser doutro xeito que teña en consideración ás parroquias e localizacións da poboación. O que pasa que o técnico contestoulle tal cual interpretei eu mesmo a pregunta. "Vaise facer axendas21 por parroquias?" E o técnico, dubidando respondeulle que só se ía facer unha axenda21 que era a de Nigrán. lóxico. Outra cousa é ter en conta dentro desa axenda ás parroquias, algo que eu non dubidei en ningún momento.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 4 de 4 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa