| Escrito por Eneas Freire,
o 17-12-2007
|
Visitas : 932 |
 Mi madriña o que a tecnoloxía avanza. Na fala da xente (e en mans dalgúns) está o último navegador de Blusens , o G01, que por se non che decataches aínda, ten a súa función de imaxes reais como absoluto punto forte.
Pero grazas á xente de NPC e a Motorpasión decatámosnos dun sistema que parece moi práctico: simular no parabrisas unha corda ou liña vermella, perfectamente visible, que imos seguindo co coche e que nos indica o camiño correcto da nosa ruta. Mediante a súa tecnoloxía patentada e pendente de poder comercializarlo, o sistema constrúe unha liña que nos aparece como 3D no parabrisas. Se estás máis interesado no seu funcionamento ou ver vídeo de como é na realidade, nada como pasarse pola súa web para ver a explicación e exemplos. A nós gustounos a idea.
|
|
|
|
Video
Escrito por: Mario (Invitado) o 20-12-2007