Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 09/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow Baiona duplicará a súa poboación en 15 anos con 5.400 novas vivendas
Baiona duplicará a súa poboación en 15 anos con 5.400 novas vivendas PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia, o 18-12-2007

Visitas : 513


ImageOs responsables do goberno e do equipo redactor presentarán hoxe o documento nun acto público. O proxecto de Plan Xeral declara como rústico especialmente protexido o 77 por cento do territorio local. Baiona non se parecerá a Torremolinos no futuro. O novo Plan Xeral foxe do exceso de edificación e protexe o 77,4 por cento do territorio. Aínda así, a próxima ordenación suporá unha nova revolución inmobiliaria nun das vilas con maiores perspectivas de crecemento de toda Galicia


Continúa na Voz de Galicia



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

A min non me sae as contas

Escrito por: Piet (Invitado) o 19-12-2007

A min non me sae as contas

Escrito por: Piet (Invitado ) o 19-12-2007

Estiven onte, e a verdade é que non sei como ninguén interviu ante as cifras contradictorias que se estaban a plantexar na presentación. 
 
Pero falemos de datos. Ista sería unha forma superficial de analizar o asunto pero serviría para para ver a simple vista que istes cálculos e previsións contradícense por todos lados. 
 
* Poboación de Baiona no 2006: 11653 habitantes. 
* Crecemento de poboación dende 1994 (12 anos): +879 habitantes. 
* Crecemento de poboación interanual 2006: 1.5% e en desecenso dende o ano 2004 
* Previsión de crecemento interanual 2007: menos do 1,5% e en descenso. 
* Total de vivendas en 2006: 6527 vivendas 
 
Os datos do PXOM. 
 
* Previsión de crecemento en 15 anos: 10.000 persoas. 
* Previsión de construcción de novas vivendas: 5400 vivendas. 
 
Con estes simples datos xa podemos ver o seguinte. Baiona tardou 12 anos en crecer en 800 habitantes. Pero o concello afirma que nos próximos 15 anos crecerá en 10.000. 
 
Existen 6500 viviendas, das cales 3100 son secundarias e das cales 1000 están baleiras. Co novo PXOM teremos un total de 12000 vivendas. 
É dicir, que según as previsións reais de crecemento do Instituto Nacional de Estatística de España en Baiona tocará a 1 vivenda por habitante, incluindo aos nenos pequenos que tamén poderán disfrutar dunha vivenda eles solos. 
 
Como calcula o concello a demanda de vivenda? 
Pois á inversa. Se no concello existe unha demanda de X vivendas públicas e a lei do solo exísenos o 30% do total. 
¿Cantas vivendas de promoción privada teríamos que construir para poder cubrir valor X de demanda de vivenda pública? 5400 novas vivendas. 
Sin entrar a valorar si son necesarias ou non. Ainda que á luz dos datos é evidente que non son necesarias. 
 
Máis datos. 
 
O custe da nova depuradora de Baiona é de 28.3 millons de euros. Segundo os datos faciltiados polo concello terá capacidade para 36.000 habitantes. polo que se espera que a cobertura estea asegurada os próximos 50 anos. Este prezo non inclúe os gastos de infraestructuras. É decir canalización de augas, estacións de bombeo, alcantarillado, etc… que levaría as fecais ata Silleiro. 
 
Na presentación de onte a empresa redactora falou de que a inversión nos próximos 15 anos en obras de abastecemento e saneamento sería de 5 millóns de euros. Con estes dous datos, vemos claramente que o concello entra en contradicción. 
Se por un lado o concello prevé que dentro de 15 anos Baiona teña unha poboación de 20.000 habitantes. En 50 anos seríamos en Baiona 45.000 veciños. Co cal a depuradora que ainda non construiron claramente sería deficiente antes de comezar a contruila, xa que só daría cobertura a 38.000 habitantes. 
 
Pero o problema non está sómentes niso se non que non todos os que veranean en Baiona son veciños de Baiona e segundo os cálculos da técnica de Turismo de Baiona Sonia Rial en declaracións á TVG o 3/8/2007, Baiona multiplica por 5 o número de habitantes na época estival. 
Se multiplicamos por 5 o número de habitantes actual, a depuradora xá é dificiente a día de hoxe, pero si esa previsión a facemos a 50 anos vista en Baiona no verán seríamos 225.000 veciños (case coma Vigo). Algo que evidentemente é totalmente absurdo e insostible. 
 
Se a rede de depuración quédase curta, lóxicamente ter unha reserva de 5 millóns de euros para 15 anos non dá nin para iniciar calquer proxecto de ampliación da propia depuradora. Xa non digamos de novas infraestructuras de saneamento. 
 
Orientación ao sector servizos e turismo. 
Perfecto, moi ben. Consultamos ao pobo de Baiona e resulta que desa consulta sacamos en claro que Baiona terá unha vocación ao sector servizos e ocio e imos apostar por elo. 
Entón como é posible que dende o 2005 ao 2006 non crecésemos en número de hoteles e moteles, o número de hostais diminuise, o número de casas rurais e fondas diminuise e o número de restaurantes diminuíse ? Temos oferta para tanta demanda? 
 
Outro plantexamento. 
Que tipo de turismo queremos que veña a Baiona para condicionar os servizos hoteleiros a ese público obxetivo que xenere ese beneficio económico para Baiona? 
Queremos o mesmo modelo de turismo nuclear atómico como o da costa levantina. Contruir, masificar, construir, masificar….? 
Que busca a xente que ven a visitar Baiona, EDIFICIOS? ou paraxes naturais non masificadas, para o desacougo o lecer, sen tráfico, sen aturullo de coches, etc…? 
Que modelo de turismo queremos para Baiona? 
Iso é algo que tampouco se aclarou na presentación pero está claro que sexa cal sexa o modelo o estamos afogando e a galiña dos ovos d'ouro pouco vai durar, se non non veríamos como os turistas están prefereindo aloxarse nos arredores de Baiona e non en Baiona. E se poden evitala e non pisala durante o fin de semán, mellor; porque é caótico entrar e sair dela. 
 
E para concluir, deixo no aire outras cuestións. 
Xa tivemos problemas de abastecemento e tívose que ampliar o embalse porque non había auga para todos habitantes de Baiona. Os datos pluviais dos ultimos anos non son alentadores e algúns puntos de Galicia fálase de cortes e restriccións no fornecemento de auga potable, porque é un recurso que escasea. 
 
E ainda que os redactores do PXOM aseguren que Baiona é una caso particular, (unha afirmación sómentes é para xustificar algunhas actuacións) Baiona crece e envexece igual que o resto de España padece a mesa sequía que o resto de Galicia e aquí particulares particulares só temos cousas como é contaminar a Foz, estrangular o leito do río Groba, ou permitir edificios de 6 alturas no ano 2007, a menos de 300 m da costa. 
 
Que pasará cando no verán, con todos eses visitantes, que non terán hoteis onde aloxarse, precisen de auga? 
 
Que pasará cando o campo de golf consuma tanta auga como a que consume actualmente Baiona no inverno?. 
Como se regará ese campo de golf? 
Cando non haxa auga para os veciños, haberá auga para o campo de golf? 
Os donos do campo de golf van permitir que se estropeen todas as súas hectareas de prezado "green", vendo de brazos cruzados como achicharran por culpa do sol? 
Que opinan os veciños de Baredo sobre que nese campo de golf se utilicen toneladas de pesticidas e insecticidas que evidentemente filtraranse polo subsuelo poidendo afectar pozos e acuíferos dado que o campo de gol estaría colocado enriba do nucleo de poboación de Baredo? 
No caso de que se utilice auga da rede municipal no campo de golf, como se bombeará a auga ata esa altura? que pagará esas estaciósn de bombeo? 
Cantas vivendas van adosadas a ese proxecto de campo de golf? 
O beneficio económico que xerarán esas vivendas en situación privilexiada e paraxe natural, repercutirá tamen nun beneficio económico para os veciños (retorno da inversión) dado que o concello investirá 5 millóns de euros do herario público para esta área deportiva?. 
É necesario un campo de golf para os veciños de Baiona? 
 
Aquí tamén alguén falou de parque industrial. 
Eu estou frontalmente en desacordo con ese tipo de infraestructuras. 
Os parques industriais non se poden colocar dentro dos núcleos de poboación. 
E menos sin ter un garante na depuracións e xestión dos seus residuos, os perxuizos aos nucleos lindantes, contaminación, ruido, abastecemento, electricidade, viais, etc.... 
Os parque empresariais, pois habería que meditalo, dado que por exemplo en Belesar existen varias emperesas instaladas sen ton nin son, ainda que o lóxico é que estivesen ubicadas en Porto do Molle en Nigrán. 
 
Eu non vexo unha vocación industrial para Baiona, nin a quero. 
 
Conclusión: Este novo PXOM para Baiona é totalmente insostible según os poucos datos facilitados. Haberá que estudiar e leerse ben a documentación que publiquen na web. 
 
Os datos deste comentario son extraidos de: 
Instituto Nacional de estatística de España 
Instituto Galego de Estatística. 
Camerdata - AIMC

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?