Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Rexina Vega presenta esta tarde en Gondomar a súa obra «Cardume», premio Xeráis
Rexina Vega presenta esta tarde en Gondomar a súa obra «Cardume», premio Xeráis PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 18-12-2007

Visitas : 277


ImageA librería Libraida de Gondomar acollerá ás oito e media da tarde de hoxe a presentación por parte da escritora Rexina Vega da súa obra Cardume , premio Xerais de Novela 2007. O acto está organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e a Librería Libraida e Xosé Lois Vilar será o encargado de levar a cabo a presentación. A entrada para asistir é libre.

En Cardume relátasenos, a través dun fío persoal e familiar, a historia dos sobreviventes a un tempo confuso, enfermo e doloroso; a ese tempo aberto pola eclipse da República e dos seus ideais. A novela caracteriza un período moi longo que retrata boa parte do século XX a través de varias xeracións, sorprendéndonos coa fascinante recreación de atmosferas sociais, familiares, plíticas, industriais, culturais, e a recreación dos retratos da emigración daquela época convulsa que deixou unha pegada imborrable nas persoas que a viviron.

Ambientada nun Vigo industrial e atlántico, Cardume é un crisol de personaxes que evolucionan e logran subsistir as miserias dunha cidade desacougante. Cunha gran capacidade expresiva e unha lingua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilística, Rexina Vega reivindica nesta novela a memoria como conformación da identidade do presente.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa