| Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia,
o 19-12-2007
|
Visitas : 687 |
 Os traballadores municipais de Nigrán non brindarán este ano por Nadal. O anterior goberno municipal deixou tan empobrecidas as arcas municipais, que os actuais xestores locais xa non teñen diñeiro nin para invitar aos funcionarios o tradicional viño co que sempre se lles agasalla durante estas datas. Se queren desexarse un próspero ano novo, terán que facelo fose do Consistorio e ao terminar a súa xornada laboral.
O alcalde, Efrén Juanes, envioulles unha carta explicándolles que non queda máis remedio que apertarse o cinto e tamén lles roga que, en diante, a austeridade sexa o lema do seu traballo diario. Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
|
Damos pena
Escrito por: Daniela (Invitado) o 22-01-2008