Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 07/10
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Armonias do Nadal
Armonias do Nadal PDF Imprimir Correo-e
(6 votos)
Escrito por Antonio Valverde   
Luns, 24 de Decembro do 2007

Con esta fermosa panxoliña felicitaballe o ilustre D. Victoriano Taibo as festas do nadal en 1955 ao seu calega Xesús Alonso Montero. Victoriano Taibo foi Membro da Real Academia Galega e antigo mestre da escola de Morgadáns e un dos personaxes ilustres que pasaron polo noso Val Miñor.

Alédate, alma, pois inda que hai neve

arto de lus, sorriso é o camiño,

e se o malvís non canta, a ponla espida

gard’ô o trino que foi nás xemas novas.

Desulladas da lúa desprendéronse,

nun sopire de amor tremolocente,

as farrenas que forman pola altura

pestanexando ledas, porque os mozos

dirmos a panxoliña, e o corazón,

balando levemete,é como un año

no cólo d’un pastor, en dôce oferta.

Non olles cara ô chan i o souto núo,

onde a neve se engorda c’a empurrada.

No boscaxe do ceo, suidade e estrelas,

nun seron de groria, hai niños de amor

sempre a lembrarnos –leda primaveira-

a cantiga da paz p’ra andar soleadas.

Axiña chegaremos -¡alma, alédate!-

trasvirados de lus e de armonia,

á terra de David c’a enxebre oferta,

neste aremo eternal que por nós chama,

neste balbor de gaitas e de anxos.

Regueiro manseliño.

Imonos, alma, e caian os meus ollos,

como chovisca de suidades ledas,

no bérce humilde de Xesús Meniño.

 

1955 V. Taibo

 

 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa