Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

01 12/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Aterraxe forzosa dunha avioneta en Porto do Molle
Aterraxe forzosa dunha avioneta en Porto do Molle PDF Imprimir Correo-e
(9 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 28-12-2007

Visitas : 775


A avioneta aterrizou preto da marxe do río Muiños
A avioneta aterrizou preto da marxe do río Muiños
Os dous tripulantes da aeronave sairon ilesos despois da aterraxe forzosa nos terreos do novo parque empresarial de Porto do Molle en Nigrán. A avioneta viuse obrigada a aterrar en Porto do Molle a primeira hora desta mañán ante a imposibiliade de poder facelo no aeroporto olívico por mor da néboa espesa que cubría Peinador nas primeiras horas.

Segundo informaron a Efe fontes da Garda Civil, a avioneta tipo Piper modelo PA-23-250 “Azteca”, solicitara unha aterraxe de emerxencia por un problema nun dos seus aleróns traseiros que reducían a súa maniobrabilidade. 

Ata Porto do Molle desprazáronse efectivos anti-incendios e de emerxencias para actuar en caso de que fose necesario dada a inestabilidade da superficie de xabre de Porto do Molle, agravada polos regueiros producidos pola erosión da auga esta pasada fin de semán.

O concello de Nigrán ainda non se pronunciou oficialmente sobre o acontecido, pero segundo fontes consultadas non descartan a posibilidade de que na próxima modificación do plan de sectorización, se poida reservar unha porción de terreo no parque empresarial para a realización dunha pequena pista de aterraxe ou un heliporto, unhas infraestructuras das que carece a comarca e que consideran son prioritarias para cubrir calquer emerxencia.

A empresa propietaria da avioneta estudia conxuntamente coa Garda Civil de Tráfico, a solución para trasladar aeronave ata Peinador para a súa reparación. Posiblemente o traslado da avioneta se efectúe de madrugada cun transporte de grúa especial para non entorpecer a circulación na autoestrada do Val Miñor dadas as datas actuais nas que se espera un gran movimento por mor da festividade do día dos santos inocentes.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 3 de 3 Comentarios

de mañán

Escrito por: Áridos do Miñor (Invitado) o 28-12-2007

de mañán

Escrito por: Áridos do Miñor (Invitado ) o 28-12-2007

Estaba de mañán botando o escombro en Porto do Molle cano vin vaixar unha abioneta cara a terra. Non se mataron de milagro, menos mal que a choiva fixo un bo colch´n na terra sinón no o contan. Estaban majullados e biñeron os grumirs e sacáronnos de entre os ferros.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Como locos

Escrito por: Pepe Nijrán (Invitado) o 28-12-2007

Como locos

Escrito por: Pepe Nijrán (Invitado ) o 28-12-2007

E é que andan coma locos, dende que está o PSOE en Nigrán hai moito menos control do espacio aéreo... todo é un desastre menos mal que temos a Porto do Molle que parés que xa lle estamos a atopar utilidade.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

eu vina baixar

Escrito por: anduriña (Rexistrado) o 28-12-2007

eu vina baixar

Escrito por: anduriña (Rexistrado ) o 28-12-2007

Eu vina baixar pouco a pouco. Foi espectacular. 
Magóa da camara de fotos par facerlle unha. 
Xa postos, poderían, dende o Concello, dárlle permiso aos reis magos para que aterren alí os seus avións carregados de regalos para os veciños de Nigrán. Iste ano van a ser moitos e bos.Seguro.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 3 de 3 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >