Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Axenda arrow A concellaría de medioambiente inicia unha campaña informativa sobre a recollida do lixo
A concellaría de medioambiente inicia unha campaña informativa sobre a recollida do lixo PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 28-12-2007

Visitas : 538


ImageA Concellería de Medio Ambiente do concello de Nigrán en colaboración coa empresa concesionaria do servizo de xestión de Residuos Sólidos Urbanos (RSU), poñen en marcha unha campaña de concienciación para involucrar ós veciños e veciñas do Concello na mellora da xestión de recollida do lixo.  O concello implanta un novo sistema de recollida de aceites domésticos usados.

Nestas datas, os veciños recibirán no seu domicilio unha carta que contén información acerca do servizo de recollida do lixo e como debe ser empregado para o seu correcto funcionamento. 

Ademáis de insistir en cuestións tales como a reciclaxe ou o servicio de recollida de restos de poda o concellaría informará aos veciños da existencia dun teléfono gratuito para a recollida domiciliaria e gratuita os días 15 e 30 de cada mes, de enseres vellos. O teléfono ao que poden chamar os veciños de Nigrán para este fín é o 900 700 111.

En palabra do concellal de medioambiente, Juan Hermida Lago “É moi importante que os cidadáns tomen conciencia de que manter o noso entorno limpo é unha cuestión de todos. Non debemos depositar residuos onde non procede. Un pequeno esforzo individual de non depositar residuos na vía pública, aforra unha grande cantidade de diñeiro público que se pode adicar a outros servicios”.

Aceites dométiscos usados 

Como cuestión novedosa, o Concello de Nigrán pon en marcha o servizo de recollida de aceites domésticos usados. Este residuo, altamente contaminante e que dificulta en gran medida o sistema de depuración de augas residuais na depuradora municipal, conta cun sistema de recollida e xestión levada a cabo pola empresa PMA en convenio co Concello.

Este servizo gratuito conta coa disposición de contedores especiais para a recollida do aceite doméstico usado ubicados nos locais das Asociacións de Veciños Parroquiais, a quenes o Goberno agradece a súa colaboración. Ademaís, aquelas comunidades de veciños que o desexen poderán dispor do seu propio contedor gratuitamente chamando ó teléfono 986 288 120. Segundo informa o responsable da área de Medio Ambiente, “este aceite é empregado para a producción de biodiesel, polo que un residuo que acabaría contaminando o mar trasfórmase nun recurso que volve a ser empregado”. 

Finalmente, esta campaña irá acompañada da difusión dun bando municipal que recolle as indicacións necesarias para o correcto uso do servicio de recollida dos residuos domésticos. Neste bando advírtese que o incumprimento destas normas poderá ser sancionado con ata 1.500 €. 

O concelleiro de Medio Ambiente admite que son moitas as melloras que se teñen que producir na xestión municipal dos RSU sen embargo, considera que a colaboración de todos os veciños é fundamental para acadar estas melloras. Asimesmo lembra aos veciños que ante calquera suxerencia ou deficiencia sobre o servizo, non dubiden en chamar ao concello ou comunicala por escrito.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

CESPA

Escrito por: Mario (Invitado) o 31-12-2007

CESPA

Escrito por: Mario (Invitado ) o 31-12-2007

O que tiñan que facer no concello é porlle as pilas aos de CESPA, porque na miña vida vin semellantes vagos e sinvergonzas. Porque ponñense a rascar os mismisismo diante da xente. Coliñña por aquí, hojita por allá, agora estou canso, agora leo o periódico, agora me agacho, agora chove,... e así pasando as horas e todo igual de cheo de merdiña.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa