Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 12/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Non todo vale
Non todo vale PDF Imprimir Correo-e
(5 votos)
 

Escrito por Xilber Manso de la Torre, o 29-12-2007

Visitas : 755


Caseta CovadiñeiroO grafitti é un xeito de expresión que eu respecto, e paréceme ben que a xente tente decir e expresar libremente o que queira. Só faltaría. Agora ben, desagradame a falla de respecto por outras obras ou feitos de expresión que están aí de antes, e que se poden compartir ou non, poden gustar ou non.

Pero, están aí e forón feitos por outras mans con outros xeitos de expresión e finalidades. Respecto. É o mínimo que eu pido.

 

Todo isto ben a conto para decirlle a aquiles que non respectan as obras feitas por outros hai máis ou menos tempo, que non todo vale e que me parece moi mal, e así como algunhas das expresión libres dos grafitteiros hoxe son obras moi admiradas, incluso en museos, estou seguro que lles gusta que se respecte a súa obra e non sexa borrada ou violada por outro calquera que chega despois.

Caseta alto da Groba
Caseta alto da Groba
Andamos nistes días a facer un traballo de recolleita de información gráfica e inventariar patrimonio no Val Miñor, e estamos a ver que algunhas obras están en moi mal estado e con  pintadas e sen nengún tipo de respecto nen valoración por veciños e usuarios.

Por favor, respecto para o noso patrimonio, xa sexa o máis artístico e valioso xa o máis sinxelo e tradicional ou utilitario. Foi feito e posto aí e cumpriu e cumpre unha función.

Feliz aninovo a todos/as e...  defendamos o noso, o de todos. Si está aí é por que alguén o puxo e o coidou. Non todo ten recambio, nin todo vale.

Caseta alto da Groba, pintada no tellado
Caseta alto da Groba, pintada no tellado
 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >