Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow A xunta subenciona a primeira fase da recuperación do río Muiños
A xunta subenciona a primeira fase da recuperación do río Muiños PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 29-12-2007

Visitas : 678


ImageO proxecto de recuperación das marxes do Río Muíños no tramo que vai dende o ámbito de Porto do Molle á desembocadura naceu como unha necesidade de minimizar os posibles riscos de asulamento derivados da implantación do parque empresarial. Para concretar e valorar as actuacións necesarias, o concello púxose en contacto cun equipo de enxeñería que, despois de visitar o tramo de río a rexenerar, comezou a traballar na súa complicada recuperación.

O concello de Nigrán solicitou á Consellería de Política Territorial a cesión dos terreos que había resultado expropiados na beira do río por mor do trazado a autoestrada e que na actualidade son propiedade desta consellería.

A superfice que abarcan estes terreos aportaría a priori, unha extensa zona na que actuar para permitir cun adecuado tratamento, minimizar os riscos de asulagamento.


As primeiras estimacións dos técnicos supuxeron unha serie de actuacións que superaban os 100.000 euros. Con esta referecnia o goberno de Nigrán comenzou a buscar financiamento externo necesario para levar a cabo o proxecto dada a precaria situación económica na que se atopa atualmente por mor da xestión do anterior equipo de goberno emcabezada polo popular Alfredo Rodríguez e o seu socio de goberno o independente Antonio Fernandez.

En outubro de 2007, o concello de Nigrán comezou a realizar conversas coas respectivas consellerías para levar a cabo o citado proxecto de recuperación.

O primeiro organismo en responder de modo inmediato á peteción do concello de Nigrán foi a Dirección Xeral de Turismo que aprobaba a súa implicación na actuación dado o caracter do proxecto que  pretende poñer en valor un espazo do término municipal que actualmente está degradado, e recuperar para os veciños un novo espazo público e de esparcimento.

En palabras do edil de medioambiente Juan Hermida Lago, "A recuperación integral das ribeiras do Rïo Muíños exixe o compromiso e participación de máis institucións, non só porque se está a evitar un máis que probable risco de asulagamento, senon porque este río constitúe un elemento clave nunha das zonas de máis afluencia no Concello de Nigrán."

Actuacións sobre o río Muiños

O proxecto tamén contempla a adecuación da senda peatonal que transcorre de xeito paralelo á canle do río, para que poida ser utilizada como paseo e ata para acceder ata a costa desde o futuro polígono empresarial de Porto do Molle. Está previsto que Zona Franca complete a contorna dotando de servizos urbanos ao paseo peatonal e coa creación dun área de aparcamiento nos terreos colindantes co acceso da autopista.

O tránsito peatonal polo tramo do río facilitarase mediante a instalación de dúas pasarelas de madeira en paralelo ás pontes que coinciden coa estrada a Baiona e o existente na desembocadura de Praia América. Ademais o espazo contará con señalización onde se informará dos traballos realizados e a necesidade de preservar o medio.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

...

Escrito por: sisto (Invitado) o 20-01-2008

...

Escrito por: sisto (Invitado ) o 20-01-2008

oiggg coidado agora co asulalagamento que nos pode coller de cheoooo e para eso ten que a xunta dispor duns cartos nunha obra que asulagameeeaa Zona Franca oyeee non seria cousa destes destrucctores ese aranxo? ou e que temos que dispor de cartos publicos para refacer as barbaridades duns lambons desta indole

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >