Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Sobre a propiedade absoluta
Sobre a propiedade absoluta PDF Imprimir Correo-e
(18 votos)
 

Escrito por Carlos Méixome, o 31-12-2007

Visitas : 854


Image

O concepto de propiedade variou moito ao longo da historia. Mesmo houbo tempos nos que os seres humanos podían ser propiedade doutros seres humanos e ao mesmísimo Aristóteles semelláballe do máis razoable. Durante séculos a propiedade estivo vinculada a unha institución, fose esta unha abadía, un título de nobreza ou outros entes xurisdicionais. A revolución agraria de comezos do XIX e o seu corolario que coñecemos como revolución industrial empurrou con forza o concepto de propiedade privada capitalista.

Adam Smith pontificou sobre o asunto no seu “Sobre a riqueza das nacións...”. Impúñase así o concepto de “propiedade privada absoluta”, fose esta da terra, da fábrica ou do capital. A sociedade reaccionou e o movemento obreiro, protagonista da corrección do capitalismo salvaxe, impuxo profundas limitacións ao concepto de propiedade absoluta, nomeadamente no período posterior á segunda guerra mundial. A crise da fin do século pasado deu azos de novo ás ideas do absolutismo privado que chamamos “neoliberalismo”. Aínda así hoxe todo o mundo sabe que non pode facer na súa leira o que queira, que non pode pechar a súa fábrica cando lle pete ou admite que as construcións deben estar limitadas a uns espazos e mesmo cunhas tipoloxías determinadas.

Claro que nesta terra cunha revolución agraria e industrial feble, corenta anos de facer o que lle dese a  gana ao propietario e trinta de “ti vai facendo” prendeu con forza a idea absolutista da propiedade e introduciuse mesmo naquelas, escasas propiedades, vinculadas a xurisdicións como é o caso das Comunidades de Montes Veciñais que empregan como principal argumento que eles son propietarias do monte para apoiar a instalación dun parque eólico.

Na práctica as Comunidades de Montes non son máis que asociacións privadas xestionadas por asembleas e directivas nas que participan moi escasos socios-propietarios do mesmo xeito que calquera sociedade particular ten asembleas e socios. Só unha diferenza, o exercicio de propiedade sobre o monte comunal, e unha limitación que os veciños/as non teñen sufraxio universal, só votan as casas e non as persoas, e ademais non é automático o tal sufraxio, os veciños e veciñas teñen que inscribirse e non é suficiente o estar censado na parroquia e concello correspondente.

A directiva dunha comunidade de montes ou dunha coordinadora de comunidades de montes teñen tanto dereito a opinar sobre tal ou cal cousa como unha asociación de gourmets ou unha federación das mesma. Teñen un dereito de propiedade sobre o monte tal e como os gourmets o teñen sobre as instalacións e recursos da súa propiedade. E ambas sociedades deben saber que coas súas propiedades non poden facer o que queiran. Polo que darlle dez alturas ao club privado dos amantes do bacallau ten que contar coa correspondente autorización do concello o mesmo que a autorización dun parque eólico no monte propiedade de tal comunidade ten que ter autorización da administración correspondente. E logo entramos na valoración dos asuntos e moitos pensamos que un parque eólico na “liña do ceo” da Groba é unha animalada, o mesmo que outro na liña do mar entre Baiona e A Guarda ou unha macropiscifactoría en Corrubedo ou autorizar as canteiras no Courel. Entramos pois no debate político, na tensión de forzas e na mobilización social. Parece pobre responder cun simple “aquí fago o que quero porque isto é meu”, porque non o é, é de todos, do mesmo xeito que a miña finca é miña, pero non podo facer un edificio de dez alturas.

Os problemas dos montes Comunais teñen que ter outras solucións. Seguro que as hai.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 6 de 6 Comentarios

canto necio

Escrito por: eu (Invitado) o 27-03-2008

canto necio

Escrito por: eu (Invitado ) o 27-03-2008

mi madriña, canto necio solto hai por aqui

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Salvadores de montes

Escrito por: X Groba (Invitado) o 04-01-2008

Salvadores de montes

Escrito por: X Groba (Invitado ) o 04-01-2008

A min, en frio, o de "salvadores de montes" paréceme ate bonito. Señores propietarios: Toda a sociedade debería ter a obriga (e por suposto temos o dereito os que o exercemos) a interesarnos pola xestión correcta e evitar o abuso do interese particular de explotación dunha propiedade de MONTE sobre todo si se pretende trasformar unha paisaxe tan sigular como a da Serra da Groba nunha Terra xa tan chea de centrais hidroeléctricas e parques eólicos. E non sigo porque me quento e por si solos se delatan os intereses de cada quen nesta historia. Ah, pParabens a Carlos polo artigo e que o ano nos sexa propicio os/as que efectivamente, traballamos algo por salvar o monte.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Artigo relacionado

Escrito por: Redaccion (Rexistrado) o 01-01-2008

Artigo relacionado

Escrito por: Redaccion (Rexistrado ) o 01-01-2008

Moi malos estrategas. 
Por Xose M. García Crego 
http://www.valminor.info/ content/view/2160/19/

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

PARABÉNS CARLOS MÉIXOME POLO ARTIGO

Escrito por: EOLO (Invitado) o 01-01-2008

PARABÉNS CARLOS MÉIXOME POLO ARTIGO

Escrito por: EOLO (Invitado ) o 01-01-2008

Son asinante en contra do proxecto eólico na Serra da Groba.  
Son veciño do Val Miñor e teño claro o Val Miñor que quero. 
Son ensinante. 
Son cidadán creo que coas ideas fundadas no mundo que desexo. 
Non son comuneiro de ningunha comunidade de montes, nin das que comezan plantar castiñeiros e carballos, nin das que invisten en bonos do estado e expulsan comuneiros, nin das que limpan muíños e cortan eucaliptos, nin das que o presidente ten mais de 60.000€ para asuntos propios. Tampouco son comuneiro dos que permiten canteiras ileagais e recheos ilegais e casas de montes que parecen chalets de mafiosos. 
A pesar de todo si sei que podo opinar sobre a política do estado, as megalomanías dalgúns, as intromisións políticas da igrexa católica ou da sobrecaza de especies autóctonas. E tamén vou opinar e abandeirarme e poñer a camiseta de SOS GROBA que lle merquei en Baiona e é ridículo que unha mancomunidade de montes diga que ninguén pode opinar sobre o que eles fagan. Apañados están. Ou organizarse socialmente. E que chovan millóns de subvencións (PRODER, LEADER, AGADER, SEAGA, ...) para os seus montes. Os seus montes ou os nosos montes? Apagaron eles o lume? Ou apagámolo todos cos cartos de todos? 
Montes en man común. Si, pero.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

VALOR E PREZO

Escrito por: anduriña (Rexistrado) o 31-12-2007

VALOR E PREZO

Escrito por: anduriña (Rexistrado ) o 31-12-2007

Hai un dito que dí que todo necio confunde valor e prezo. Coido que as comunidades de Montes(algunhas) tamen confunden istres termos e por extensión o que quere dicir o de ser "propietario". Aínda non se decatarón de que ninguén lles negou a súa propiedade, mais si o que fan e queren facer nela. Aí temos dereito todos, aml que lles pese. 
Que se preocupen dunha vez por ordear e coidar iso que dín que é diles só para sacr diñeiro, pero non para investir e coidalo (a maioría, non todas). Sabemos das escepcións, por iso os argumentos tan pobres diste caso, non paga a pena facerlles moito caso, e defender o monte de verdade e os seus valores, por riba de cal

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

máis cacicadas

Escrito por: Montaraz (Invitado) o 31-12-2007

máis cacicadas

Escrito por: Montaraz (Invitado ) o 31-12-2007

O que se está a plantexar nas comunidades de montes con eso de que é noso e facemos o que nos parece, é unha mostra máis da sociedade de caciques na que medramos. ¿Qué fixeron as Comunidades de Montes para evitar os incendios forestis? ¿Qué xestión fixeron dos seus montes? O xeito co agora pretenden loitar contra os incendios é como o que defendía George Bush, que dicía que para evitar os incendios o mellor era talar as árbores. 
Non te jode.....

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 6 de 6 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa