Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Axenda arrow Moi malos estrategas
Moi malos estrategas PDF Imprimir Correo-e
(8 votos)
 

Escrito por Xosé M. García Crego, o 01-01-2008

Visitas : 608


ImageÉ día de fin de ano, son as 8 da tarde e non parece un momento moi acaído para falar dun tema tan serio.

Xa Carlos Méixome escribiu aquí palabras ben atinadas sobre o concepto e o significado da propiedade.

Eu podería ficar calado, deixar enfriar a cousa. Pero non. Aínda con medo a dicir algunha inconveniencia, non me resisto a opinar en quente. Pódeme a carraxe.


Ben sabemos da loita popular por recuperar os montes de veciños que o franquismo quixo usurpar para o Estado. E conseguiuse, e hoxe, con máis ou menos democracia no seu seo, as comunidade de montes están aí e detentan propiedade e uso dos montes das parroquias.

Pero algunhas opinións, posturas e decisións case nos fan desexar que mellor sería que os montes quedasen, efectivamente, nas mans do Estado. Porque de caciques estamos fartos.

Responde  a algunha consigna de alta política autonómica esta declaración entreguista das Comunidades de Montes da serra da Groba e outras ao capitalismo da enerxía, colonialista de vocación e de tradición?

Desde cando a defensa do noso pasa por lle dar o si, case de gratís, aos históricos mangantes do noso patrimonio natural e histórico? Que dirán as xentes de Castrelo do Miño, das Encrobas, de Baldaio, os expropiados da Autopista de Sigüeiro e de Salcedo? Que dirán de tamaño dislate?

Ben malos estrategas demostran ser estes directivos das CCMM. Agora resulta que o inimigo non é Eurovento nin Endesa nin Iberdrola nin Unión-Fenosa nin o Neoliberalismo; o inimigo é a Plataforma SOS Serra da Groba. Tan sequera que reclamen algo máis, que non acepten o cheque de primeiras. Pero que pasa entón? Que razóns nos apoñen? Boa cousa sería coñecer de primeira man as declaracións que na prensa de hoxe aparecen publicadas.

Mal andamos se aceptamos calquera prezo; de pouco vale encher a boca coa palabra Galicia (ou Galiza) se non estamos a construír unha nación social(ista), solidaria, onde o respecto polo medio natural e polo patrimonio común sexa unha prioridade.

Eu apuntei xa días atrás nesta mesma páxina que a organización do territorio debe ser, en primeiro termo, nacional, despois comarcal, metropolitana e parroquial. E todos debemos supeditar o interese particular ao interese xeral. Diso se trata. Non se discute de quen é o monte. Pero o monte tamén é Galicia (ou Galiza.)

Levamos hoxe unha boa labazada nos fuciños. Case mellor paramos aquí e proseguimos noutro momento. Non vaia ser. Que a este paso dan as uvas e un sigue escribindo. (Por certo, e falando de uvas, tamén son propiedade comunal os montes que hoxe ocupa, por cesión, "Florentino" Gómez coas súas viñas en Tomiño, como tamén son comunais as terras que se pretendían ocupar no mesmo concello con tremenda urbanización e conseguinte campo de golf...)

Saúde, e que o 2008 nos sexa propicio.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

pedindo cartos

Escrito por: lonso (Invitado) o 08-01-2008

pedindo cartos

Escrito por: lonso (Invitado ) o 08-01-2008

O MELLOR DAS COMUNIDADES DE MONTES É QUE NON FAN NINGUNHA ACTUACCIÓN NO MONTE ( PODA, DESBROCE... ETC) SIN QUE A ADMINISTRACIÓN DE CARTOS. DIÑEIRO PUBLICO QUE TODO VECIÑO PAGA.!!!AHÍ SI QUE O MONTE E DE TODOS!!!! ¿NON?, E COS CARTOS QUE SOBRAN GASTANSE EN FACER FARAONICOS CENTROS CULTURALES. NON HAI NADA MAIS QUE VER A BELESAR.OS MUIÑOS BAN A DARLLE PA RIBA A ESA CASIÑA PEQUENIÑA.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

o monte noso

Escrito por: nenobravo (Invitado) o 08-01-2008

o monte noso

Escrito por: nenobravo (Invitado ) o 08-01-2008

os caciques do monte acabaron por roubarlle-los montes ós veciños .Agora o monte é dos comuneiros e comuneiras. 
Estes aprendices de caciques ensinannos en galego e sendo bos e xenerosos , que aso comunidades de montes son moi democráticas e que solo elas comomo propietarias dos montes son quen de decidir o que se faia co monte. E que ninguén de fóra ten que ir a decirlles como pensar ou facer co monte.  
Tampouco queren que sexan outros os que informen ós veciños sobre o que poida significar a instalación dun parque eólico na groba, xa están eles para afirmar que os comuneiros queren o parque eólico sin que ninguén meta os fuciños onde non lle chaman. 
E namenntras poñense títulos de presidentes de asociacións, comunidades, mancomunidades e cantos cargos poidan servir para dar creto ós seus argumentos e calar a boca ós ignorantes e mal intencionados que non comprenden ou maliciosamente non comprenden as suas opinións. O Franquísmo e o Fraguismo fixo escola entre tanto ladino e o pepé de Sabarís.  
O monte xa non é dos veciños e veciñas. É dos veciños comuneiros.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa