A cabalgatas das súas maxestades de oriente desfilarán por Baiona e Gondomar. En Nigrán farán acto de presenza no propio pabillón de deportes dadas as avarías técnicas sufridas nas carruaxes que impediron a súa saída do taller.
Máis de unha tonelada de caramelos en Baiona
Baiona ten todo preparado para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos que chegarán a Baiona subidos nas súas magníficas carrozas perfectamente iluminadas. Durante toda a Cabalgata, repartiranse máis de 1.500 kilos de caramelos “La Asturiana”, aptos para celíacos.
Unha Carroza, sairá ás 17:30h dende a rotonda da Ponte Romana continuando pola avenida de Xulián Valverde ata a Praza Victoria Cadaval, continuará pola rúa Porta do Sol, Areas ata a praia de Santa Marta onde se unirá á Comitiva Real.
En Baiona, uniranse as tres carrozas na Praia de Sta. Marta, tendo previsto saír sobre as 18:30h uníndose a elas a comitiva real composta pola Banda de Música Municipal de Baiona, pola Rondalla de Freixo, Rondalla de Beade, polo Banda de Tambores e Cornetas Ría de Vigo, pola agrupación folclórica Airiños da Lagoa de Baiña, atraccións diversas etc. e percorrerán a Avenida Monterreal, Alférez Barreiro, Paseo Elduaien, Ramón e Caxal, Avda. Xoselín, Tomás Mirambel, Glorieta República Arxentina, Palos de la Frontera, Glorieta de Colón e Carabela Pinta, Rematando na Praza do Concello. En caso de choiva a Cabalgata rematará no Pavillón de Deportes.
Os reis tamén pasarán por Gondomar
Dende as 16:00h os máis novos poderá disfrutar de Animación infantil na Praza da Alameda. A chegada das súas maxestades de oriente está prevista para lás 19:00h coa conseguinte cabalgata real polas principais rúas do concello. Au remate as súas maxestades recibirán a todos os nenos e nenas en Audiencia real no Centro de Saúde.
De pasada por Nigrán
Antes de retirarse para traballar arduamente toda a noite, as úsas maxestades farán acto de presencia en Nigrán, ainda que desta vez deixarán as carrozas no taller por falta de presuposto, seungo señalou a Concellería de Cultura. Os nenos e nenas de Nigrán que o desexen poderán desfrutar dunha festa infantil no pavillón de Panxón a partir das 17 horas. Ás 19 horas as súas Maxestades do Oriente recibirán aos nenos e nenas para escoitar as súas peticións antes de recollerse para tan longa noite.