| Escrito por Faro de Vigo,
o 05-01-2008
|
Visitas : 478 |
 Con respecto ao Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, o Concello aprobará unha bonificación de ata o 75% para vehículos que emiten menos C02, os mal chamados vehículos "ecolóxicos". Esta medida premiará durante cinco anos aos que menos contaminen. "Queremos contribuír a diminuír a contaminación", afirma o rexedor local.
A idea xeral do equipo de goberno sobre estas desgravacións é mellorar a eficacia fiscal, posto que ao aprobar estas bonificaciones diminúese a presión fiscal sobre as persoas con máis dificultades económicas e téndese a man ás persoas que teñan maior compromiso medioambiental. A modificación das ordenanzas que afectan a estes impostos foi aprobada na comisión informativa e levarase a pleno o día 10.
|
|
|
|