Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Opinión arrow Capital das Rías Baixas
Capital das Rías Baixas PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org, o 16-01-2008

Visitas : 481


ImageNo Parador, terá lugar un foro de análise do turismo nas Rías Baixas. Como non podía ser doutra forma, tiña que ser en Baiona. Estamos recoñecidos como a capital turística das Rías Baixas, a pesares de que Sanxenxo nos ten gañado pola mán cun turismo máis agresivo co entorno e copiando o modelo mediterráneo. Non podemos deixar en mans de catro supostos expertos do turismo o futuro do noso concello e semella que hai quen é consciente do feito e non permitirá que o modelo mediterráneo se exporte a Baiona. No PXOM se contempla unha área deportiva de 700.000 metros cuadrados nunha zona realmente apartada do noso casco urbano e limítrofe con Oia. Actualmente un semi-deserto, se non foran polos miles de cabalos e vacas que pacen alí. A primeira idea que nos vén é a do xa famoso campo de golf, tema do que xa tivemos falado aquí. Pero tal e como se reflexa no PXOM cabe a posibilidade de que os políticos do momento collan sentido e lle dean un destino máis acorde co entorno da ubicación. Pode incluso que esteamos cegados pola ira e o obxectivo real desa parcela non sexa o campo de golf, a pesares das enormes ganas que ten Manolo Vilar de ter dous, un público e outro privado. Non profundizaremos máis nesta polémica, proque xa o fixemos na anotación do pasado 18 de decembro, titulado Primeiras Pinceladas.

Namentres, en Vigo os propietarios dos concesionarios de automóviles reclaman 600.000 metros cuadrados para a Cidade do Automóbil. ¿Qué proposta xerará máis postos de traballo, atraerá a máis xente e xerará máis emprego indirecto? Haberá opinións encontradas, por suposto, pero o feito é que realmente é un debate que non se pode descartar porque sí.
Neste foro participarán representantes das Cámaras de Comercio, esa figura que aínda pervive desde o franquismo e que non damos rematado dunha vez. Todo aquel que ten unha iniciativa empresarial sabe que terá que acabar acatando o imposto revolucionario da Cámara de Comercio, a pesares de non recibir máis contraprestación real que a oferta de algún cursiño e a suposta representación ante foros como o de hoxe. ¿Cómo poden falar en nome dos empresarios se logo non contan con eles? ¿Cántas convocatorias recibe o propietario dun bar para asustir a xuntas xerais da súa Cámara de Comercio? Sociedades arcaicas coma éstas desvirtúan o tecido empresarial. Agora mesmo as asociacións de comerciantes e as patronais son as verdadeiras representantes do empresario, logo, ¿porqué siguen existindo as Cámaras de Comercio?

Máis en baionaconsciente.blogaliza.org  




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

Q derroche!!!!

Escrito por: JUAN (Invitado) o 23-01-2008

Q derroche!!!!

Escrito por: JUAN (Invitado ) o 23-01-2008

Si en vez de gastar tanto dinero en cenitas se dedicasen a crear mas empleo en condiciones...y no contratos de mala muerte.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ufffff

Escrito por: Pepe Val Miñor (Invitado) o 19-01-2008

Ufffff

Escrito por: Pepe Val Miñor (Invitado ) o 19-01-2008

Despois de vaguantar unha hora o Foro de Turismo tiven que ausentarme por prescripciçón facultativa. Si o Turismo de Pontevedra está nas mansa de Reguera, Barbosa, Gaán, Chema, Louzán.... máis vale emigrar a Katanga.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >