Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 12/08
Portada
O concello creará un observatorio de aves na Foz e un sendeiro litoral por Monteferro PDF Imprimir Correo-e
(7 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 21-01-2008

Visitas : 822


Os concellais de urbanismo e medioambiente na reunión co subdirector Xeral de Costas do Estado
Os concellais de urbanismo e medioambiente na reunión co subdirector Xeral de Costas do Estado
Os concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente do concello de Nigrán, Juan González e Juan Hermida respectivamente, foron recibidos polo subdirector Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, Miguel Velasco, no seu despacho de Madrid. O obxetivo da reunión foi pechar o acordo que o pasado mércores acadaron coa Xefa da Demarcación de costas de Pontevedra, Cristina de Paz, en relación coas actuacións que a Xefatura de costas realizará no litoral nigranés.

Con carácter inmediato e baixo o prograna de conservación, acometerase a recuperación mediambiental das praias de Area Fofa e Madorra. Accións consistentes na recuperación dos bancos de area, mellora dos accesos á praia e acondicionamento do entorno.

En Praia América, a Dirección Xeral de Costas continuará co programa de recuperación dunar, e finalmente, estudiarán a execución dun observatorio de aves no esteiro de A Foz, aproveitando unha edificación en ruinas no entorno do paseo que circunda o espacio dentro da Rede Natura 2000, na parroquia de a Ramallosa.

O Subdirector Xeral de Costas recibiu tamén con entusiasmo a elaboración dun proxecto de execución dun sendeiro litoral na península de Monteferro e a reordención do frente litoral de Panxón e Praia América, para o que a Dirección Xeral de Costas encargará unha asitencia técnica.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 7 de 7 Comentarios

En fin...

Escrito por: Falar por falar (Invitado) o 29-01-2008

En fin...

Escrito por: Falar por falar (Invitado ) o 29-01-2008

A verdade é que non se sabe que se había facer. Uns que se as barbaridades de PP-PINN xa abondan para botarse á bartola e non preocuparse de nada, total xa o joderon todo, outros que parece que todo está fenomenal. 
Digo eu que se o río muiños está condenado de morte e tanto nos preocupa, ¿qué fixemos por salvalo?: NADA. Se estes por decreto fan o que fan, que tampouco chega ó nivel dos PP-PINN a lo menos intentan resolver o resoluble, que por outra banda para eso están ahí. Que deberían botarlle máis collóns estamos dacordo e que se están comportando como se andivesen con medo, tamén, pero polo menos preocúpense polo que hai que preocuparse. 
O do sendeiro litoral, non o farán polo espacio protexido, só faltaría, agora ben, que ten de malo "dignificar" ese espacio tan cheo de merda? ou é que preferimos que arrasen con todo e fagan outro porto do molle? eso si en beneficio do interés xeral e en pro do progreso... 
Estou seguro que hai xente que tanto fala que se tivera que gobernar, ó mellor non sería capaz de facer nada, e véñenme á mente algúns que todos sabedes. Eu non quixera verme no seu pelexo, pero se por min fora que arreen lume con sentidiño, pero están ahi para acabar con tanta merda de PP-PINN e esperamos que o fagan e eso ou é agora ou nunca. 
Por certo ¿sabedes quen é o alcalde?

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

...

Escrito por: sisto (Invitado) o 28-01-2008

...

Escrito por: sisto (Invitado ) o 28-01-2008

hai, cantas palmadiñas nas costas este juan vaiche ter que ir o xinasio para fortalecela ou o masaxista para desconxuntala que lla vades a por moi pero que moi dura

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Taurozen

Escrito por: Pepe Nijrán (Invitado) o 27-01-2008

Taurozen

Escrito por: Pepe Nijrán (Invitado ) o 27-01-2008

Iso paréceme moito!. Con xente tan, tan crítica penso que ao final soio van quererse presentar as eleccións en Nigrán Avelinos e Toñitos. As cousas non so perfectas pero sin marxen.... o meu apoio o teñen. Seguir a traballar que os froitos irán caíndo. Non hai ninguén máis crítico que eu pero.....

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

...

Escrito por: taurozen (Rexistrado) o 27-01-2008

...

Escrito por: taurozen (Rexistrado ) o 27-01-2008

Penso o mesmo que vos, o que non sei e se neste caso e en outros sabe o que fai, ou lle deixan facer o que sabe. Facer un sendeiro litoral nun espacio protexido como é o litoral de Monteferro non parece moi axeitado. E ocuparse do rio Muiños despois de condenalo a morte co Poligono de Porto do Molle... tampouco. A pesar de Hermida e algún outro, o Concello actual está a facer por decreto o que a dereita non conseguiu facer en 20 anos, lease Porto do Molle e Monteferro. Eso si, con transparencia cos veciños, como prometeron: Informan puntualmente dos "decretazos". E alegraríame enormemente estar enganado nestas consideracións

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Contiño

Escrito por: Pepe Nijrán (Invitado) o 23-01-2008

Contiño

Escrito por: Pepe Nijrán (Invitado ) o 23-01-2008

Ese Hermida tamén debe ter un conto.... non vos fiedes ¡tamén e bo! que eu o coñezo

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

certo

Escrito por: Mario (Invitado) o 22-01-2008

certo

Escrito por: Mario (Invitado ) o 22-01-2008

O Hermida é o único que se salva. Véselle a cabeza ben amobalda. A xestión que fixo co tema da depuradora con investimento de case o millón de euros, iso é digno de elogio. en 3 meses arranxou un colector que levaba más de 4 anos roto.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

...

Escrito por: Maximiliano (Invitado) o 22-01-2008

...

Escrito por: Maximiliano (Invitado ) o 22-01-2008

Este rapáz sabe o que fai. Xa van unhas cuantas actuacions no medio: Río Muiños e agora estes proxectos. Xa era hora de que alguén se preocupase e se ocupase. Noraboa Hermida

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 7 de 7 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >