Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

03 12/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Por quen teñen as campás
Por quen teñen as campás PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por baionaconsciente.blogaliza.org, o 21-01-2008

Visitas : 884


ImageAs campás da Igrexa de Santa Cristina seica trouxeron problemas polo seu tañido nocturno. Co ensoñador artigo do bo de Iglesias Viqueira no Faro de Vigo, titulado “El reloj también duerme“, digno de lectura e reflexión, podemos saber  que algún veciño se queixou ao noso Alcalde do molesto que era escoitar 24 badaladas ás 12 da noite, polo que sen falta o señor Almuiña intercambiou opinións co párraco de Santa Cristina e éste procedeu a eliminalas. Quizáis o máis adecuado fose substituir as 24 badaladas por unha sinal máis discrita, pero en cuestións técnicas xa non nos metemos. O asombroso do asunto é que agora temos a máis veciños molestos pola ausencia das badaladas que polo seu efecto pernicioso. Os defensores, ainda por riba, son os residentes máis inmediatos á igrexa.

Hai momentos na vida en que un sonido queda ligado a un cálido sentimento, como o baixar das cancelas do bar do noso barrio, que deixamos ligado na nosa infancia ao momento máis plácido do día, xusto antes de ir a durmir e cando os noso pais nos viñan dar as boas noites cun bico na meixela e na fronte. O subconsciente xóganos malas pasadas, pero non debemos esquecer que sons ou feitos que para nós son agradables, obxectivamente son unha auténtica molestia para os demais veciños. De momento que lean o artigo do amigo Viqueira, polo menos vánselle serenar os ánimos.

Máis información en baionaconsciente.blogaliza.org 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >