| Wii |
|
|
|
| Escrito por Eneas Freire | |
| Xoves, 24 de Xaneiro do 2008 | |
O novo invento que está a revolucionar o mundo tecnolóxico chega da man de Nintendo.
Xeniais tres minutos de vídeo onde podemos ver o que pode dar de si a tecnoloxía que Nintendo meteu en casa coa súa consola Wii e o mando Wiimote. No vídeo vese como cun mando da consola Wii de Nintendo colocado encima dun televisor, podemos simular o funcionamento da mesa Surface de Microsoft, pero ata mellor, pois non é necesario tocar a pantalla. Todo faise a distancia. Para iso debemos levar postos unhas luvas especiais con emisores de infrarojos que son captados pola Wii e mediante software interpretar o movemento. Incluso podemos chegar a tocar instrumentos musicais virtualmente, cun resultado moi interesante. Ou crear unha moi barata pizarra táctil para poder levar ás aulas. ¿Onde estrá o límite deste artiluxio? |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
|