Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

28 08/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Regueifas e entroido en Gondomar
Regueifas e entroido en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 28-01-2008

Visitas : 658

Índice de artigos
Regueifas e entroido en Gondomar
Páxina 2
ImageUn ano máis Gondomar será o centro do Entroido miñorano, recén saídos das festas do Nadal, Gondomar xa ten todo en marcha para a súa tradicional celebración da festa da loucura por excelencia, que este ano cae por San Brais, a primeira romaría do ano, que ten lugar na parroquia de Mañufe. Este ano a Concellaría de Cultura vai promover un Entroido máis participativo - o entroido faino a xente- recuperando elementos do mesmo que en Gondomar se perderan nos últimos anos, como o Enterro da Sardiña, ou as coplas e pregóns das comparsas. Vólvese a darlle protagonismo á función do entroido como espazo para a crítica popular porriba doutros aspectos máis vistosos. Para este concello o entroido ten que ser crítica sen censuras, divertimento sen límite, transgresión.. o mundo ao revés.
 
Para os nenos haberá o tradicional Desfile Escolar o venres pola mañán, e actividades recreativas, animación, obradoiros e diversión durante as tardes do luns 4 e o martes 5 de febreiro. 
 
Como novidade, este ano o recuperado Enterro de dona Sardiña pasa para o sábado 9 de febreiro, para facilitarlle a participación e a festa aos cidadáns de Gondomar e do Val Miñor. Despois do velorio no Centro de Saúde, a procesión fúnebre e a lectura do seu testamento diante do Concello, haberá festa rachada para pechar tan importante acontecemento, e a entrega de premios do tradicional Concurso de Comparsas, a celebrar o domingo de Entroido, 3 de febreiro.
 
Contaremos coa colaboración dos regueifeiros Benito Lobariñas, Luis O Caruncho e Josiño da Teixeira. O pregón oficial de apertura será lido polo escritor Fran Alonso.
 
As bases para participar no Concurso-Desfile de comparsas póndese retirar no Concello ou solicitalas por teléfono ou email.
+ info: 986 363 913 
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver    
 


   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >