Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 10/08
Portada arrow Axenda arrow Comezan as obras de recuperación da zona dunar en Lourido
Comezan as obras de recuperación da zona dunar en Lourido PDF Imprimir Correo-e
(7 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 29-01-2008

Visitas : 596


ImageO luns 28 de xaneiro de 2008 comenzaron as obras que levan a cabo a Demarcación de Costas de Pontevedra despois das reunións levadas a cabo con Dona Cristina de Paz, Xefa de Demarcación de Costas de Pontevedra e o Subdirector General de Costas en Madrid para por en marcha proxectos presentados polos Concelleriros de Urbanismo, Juan A. González e Medio Ambiente, Juan Hermida.

Entre as obras que se están executando atópanse a continuación do proxecto de recuperación das Dunas de Panxón (enfrente as pistas deportivas das Dunas de Gaifar) que ven desenvolvendo nos últimos anos o Ministerio de Medio Ambiente no Concello de Nigrán con resultados altamente satisfactorios na recuperación do ecosistema dunar.

En esta reordenación urbanística e medioambiental do litoral de Nigrán recuperouse un espazo no campo de fútbol de Lourido ocupado por uns vellos vestiarios en estado ruinoso e con grave perigo de derrumbe.

Nos seguintes días comenzarán as obras  nas praias de Area Fofa e A Madorra, ambas as dúas na parroquia de Panxón que se centraran na recuperación do areal (con aportacións de area para contrastar a erosión que se está a producir), a limpeza da praia así como a recuperación medioambiental do espacio da Estación de Bombeo, que se derrubará e se construirá un paseo a beira da praia da Madorra. En canto a Area Fofa, recuperarase o areal, instalarase un pequeño paseo de madeira, a instalación dunha barandilla de protección a praia, e o acondicionamento dos accesos peonís ó areal.

 A recuperación medio ambiental destes espacios e a conservación dos mesmos son en palabras dos concelleiros “as accións necesarias para compatibilizar o respeto e conservación do medio natural co seu uso como recurso turístico”.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

triste capitalismo?

Escrito por: Kike (Invitado) o 01-02-2008

triste capitalismo?

Escrito por: Kike (Invitado ) o 01-02-2008

¿Son necesarios todos eses paseos tan impersoais e antiestéticos? 
Parece que está de moda todo o tema este da recuperación mediambiental, mais parece que en vez de administrar un pouco de concienciación ambiental o pobo, impóñen rexas en forma de paseos que limitan moitas veces o acceso a eses recunchos que tanto nos gustan. ¿Alguén recorda á praia das catedrais cando non tiña ese horroroso paseo de madeira?

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa