Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 07/10
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Comezan as obras de recuperación da zona dunar en Lourido
Comezan as obras de recuperación da zona dunar en Lourido PDF Imprimir Correo-e
(7 votos)
Escrito por Redaccion   
Martes, 29 de Xaneiro do 2008

ImageO luns 28 de xaneiro de 2008 comenzaron as obras que levan a cabo a Demarcación de Costas de Pontevedra despois das reunións levadas a cabo con Dona Cristina de Paz, Xefa de Demarcación de Costas de Pontevedra e o Subdirector General de Costas en Madrid para por en marcha proxectos presentados polos Concelleriros de Urbanismo, Juan A. González e Medio Ambiente, Juan Hermida.

Entre as obras que se están executando atópanse a continuación do proxecto de recuperación das Dunas de Panxón (enfrente as pistas deportivas das Dunas de Gaifar) que ven desenvolvendo nos últimos anos o Ministerio de Medio Ambiente no Concello de Nigrán con resultados altamente satisfactorios na recuperación do ecosistema dunar.

En esta reordenación urbanística e medioambiental do litoral de Nigrán recuperouse un espazo no campo de fútbol de Lourido ocupado por uns vellos vestiarios en estado ruinoso e con grave perigo de derrumbe.

Nos seguintes días comenzarán as obras  nas praias de Area Fofa e A Madorra, ambas as dúas na parroquia de Panxón que se centraran na recuperación do areal (con aportacións de area para contrastar a erosión que se está a producir), a limpeza da praia así como a recuperación medioambiental do espacio da Estación de Bombeo, que se derrubará e se construirá un paseo a beira da praia da Madorra. En canto a Area Fofa, recuperarase o areal, instalarase un pequeño paseo de madeira, a instalación dunha barandilla de protección a praia, e o acondicionamento dos accesos peonís ó areal.

 A recuperación medio ambiental destes espacios e a conservación dos mesmos son en palabras dos concelleiros “as accións necesarias para compatibilizar o respeto e conservación do medio natural co seu uso como recurso turístico”.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?