Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 09/08
Portada arrow Novas arrow Gondomar arrow Golpe ao branqueo de cartos do narcotráfico en Monteferro
Golpe ao branqueo de cartos do narcotráfico en Monteferro PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por E. L.- El Pais, o 31-01-2008

Visitas : 539


Foto. Faro de Vigo
Foto. Faro de Vigo
Durante anos dedicouse ao tráfico de drogas e tras unha recente operación de haxix, a Axencia Tributaria pechou o cerco ao redor de Juan Carlos González Martín, Culebras, e o seu grupo de homes de palla, detidos o pasado luns, que se dedicaban a comprar inmobles, obras de arte, xoias e empresas relacionadas co sector naval para lavar diñeiro do narcotráfico. Entre os arrestados atópanse varios membros da súa familia.

Os investigadores estiman que a rede blanqueó, presuntamente, máis de 30 millóns de euros en menos de cinco anos. Só dous das 70 obras de arte intervidas no seu luxoso chalé de Monteferro foron taxadas en 120.000 euros, unha de Sotomayor e outra de Laxeiro, ademais de xoias que aínda non foron valoradas. Signos de riqueza que puñan en evidencia o tren de vida dos Culebras .

Na operación foron bloqueadas contas bancarias en bancos portugueses onde se interceptaron activos por importe de 6 millóns de euros. Unha discreta investigación na que colaborou a Policía Judiciaria de Lisboa. No veciño país, ademais de intereses económicos, González Martín, mantiña boas relacións con coñecidos traficantes.

Os axentes practicaron numerosos rexistros nas vivendas dos detidos, así como en empresas e sociedades inmobiliarias que utilizaban os homes de palla, onde se interveu material informático, 400.000 euros en efectivo, oito vehículos de alta gama, así como dous iates.

En Moaña, onde residía un dos detidos, rexistrouse o estaleiro A Moa, un sector no que Culebras faría fortes investimentos. Sábese que estaba desenvolvendo un importante proxecto para construír un estaleiro preto de Vigo.

Culebras xa fora detido noutras ocasións, unha delas implicado cun alixo de 36 toneladas de haxix, o maior cargamento desta sustancia incautado en Europa e que foi apresado no porto de Marín en xaneiro de 1996, a bordo do Volga 1. Culebras foi detido xunto a outro peso pesado no narcotráfico e socio nestas actividades, Jacinto Santos Viñas, tamén de Vigo e propietario de negocios de todo tipo, supostamente dedicados ao branqueo de diñeiro. Os detidos comezaron a prestar declaración na tarde de onte ante a titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, que mantén secretas as dilixencias sobre a investigación iniciada o pasado ano pola Axencia Tributaria.

 continúa no Pais




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa