Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 01/09
Portada
O autobús de 'Galicia Bilingüe' atopa o primeiro 'stop' en Gondomar PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Vieiros.com, o 03-02-2008

Visitas : 926


ImageSegundo publica o xornal dixital galego vieiros.com, o colectivo que promove unha campaña contra a normalización do galego no ensino acusa ao rexedor gondomareño de impedirlles aparcar nunha praza pública. Tres días despois de que o colectivo 'Galicia Bilingüe' comezase a percorrer o país en autobús para mostrar a súa oposición ao decreto de galeguización do ensino xa comezaron os primeiros problemas.  A asociación acusa ao alcalde de Gondomar, Antón Araúxo Quintás, de denegarlle un permiso para aparcar na praza da Igrexa da localidade. Segundo 'Galicia Bilingüe', o rexedor do BNG contestoulles que estaban previstos actos de entroido á vez que lles expresou “o compromiso coa defensa da nosa lingua, o galego, polo que non entendemos as agresións contra a mesma que vostedes propoñen dende a súa asociación”.

Sempre segundo a asociación, o alcalde tamén lles lembrou que “o galego é unha lingua minorizada que vén sendo agredida dende hai máis de cincocentos anos dende moitos ámbitos de de múltiples maneiras ata case a súa extinción, considerando quen isto asina que xa abonda”. Aínda así a asociación manifestou a súa intención de percorrer este luns a vila de Gondomar co seu autobús, aínda que “sen estacionar nun lugar concreto”



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 4 de 4 Comentarios

...

Escrito por: parecedes vascos (Invitado) o 12-02-2008

...

Escrito por: parecedes vascos (Invitado ) o 12-02-2008

Non sei como nos vos dades conta de que non atacan ó galego; defenden a nosa liberdade de falar en castelán. 
Hai que espabilar!!!! ou farán de nós un pandeiro, en galego eso sí.....

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

querian unha patada no cú.

Escrito por: xocas (Invitado) o 04-02-2008

querian unha patada no cú.

Escrito por: xocas (Invitado ) o 04-02-2008

Estos fachas peperetes xa non saben o que inventar,levan toda vida despreciando a nosa lingua, e agora dicen que para ser galegos e preciso falar castelan.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

autobus atacante

Escrito por: NANDOTXU (Invitado) o 04-02-2008

autobus atacante

Escrito por: NANDOTXU (Invitado ) o 04-02-2008

pareceme moi ben a actuacion do noso alcalde,que marchen o carallo ca gaita do autobus,que so busca atacar a nosa lingua...¡¡¡viviendas sociais XA!!!

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Programa

Escrito por: Pinto (Rexistrado) o 04-02-2008

Programa

Escrito por: Pinto (Rexistrado ) o 04-02-2008

Totalmente de acordo. Na rúa onde vivía en Santiago cando facía a mudanza tiña que pedir con varios días de antelación ao concello un permiso para que me deixasen aparcar co coche. Pouca seriedade se non fan unha previsión e avisan antes. O de chegar e aparcar parece pouco serio. 
E certo é tamén que o programa de carnaval xa levas semáns publicitado e previsto co seu percorrido polas rúas do centro. 
Todo isto sen entrar a valorar o idoneo do fin que persegue este colectivo. A min, que eu saiba non me obligan a falar galego, e falo galego e castelelán sen conflito ningún coa xente que me rodea. Tampouco coñezo a ninguén que lle obrigasen a por o seu letreiro do comercio en galego, como din aquí. O que sí é certo é que si o pos en galego a xunta dache unha pequena axuda para letreiro, que che da para pagar as ferraxes e pouco máis, pero algo é algo. 
Pero a iso se lle chaman políticas de fomento do uso do galego. Non políticas de imposición do galego. Coido que son cousas distintas.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 4 de 4 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2009 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >